From Wikipedia, the free encyclopedia
A Tampere Cup é un torneo de hóckey sobre xeo que se disputa cada ano na cidade de Tampere, Finlandia.
Celebrouse por primeira vez en 1989, cando o Sokol Kíiv soviético derrotou na final a un dos equipos organizadores, o Tappara, por 8-2.[1] En 2008 celebrou a súa vixésima edición consecutiva cun nivel moi alto ao contar con catro equipos na SM-liiga finlandesa (Ilves e Tappara como anfitrións, e Blues e HPK) e dous da recentemente creada Kontinental Hockey League euroasiática (Dinamo Riga e Metallurg Magnitogorsk) Nestes primeiros 20 anos sempre no mesmo escenario, o xeo de Hakametsä, mais tan só en dúas ocasións o trofeo foi entregado a un dos equipos anfitrións, foi en 1996 e 1999, e ambas veces foi o Tappara quen o ergueu. Con todo, a presión das grandes ligas internacionais acabou por eliminalo do calendario.[2][3] Inicialmente eran oito os equipos participantes, aínda que en 2001 o número reduciuse a seis. Ata 2008 participaran no torneo un total de 47 equipos diferentes de 13 países.[4] Nesta primeira etapa do torneo o campionato quedou en Finlandia un total de sete veces. Os equipos organizadores, Ilves e Tappara, participaron en todas as edicións, mentres que o resto foron cambiando. Logo dos equipos de Tampere o seguinte equipo que máis veces participou foi o Luleå, cun total de 11 edicións. En 2009 deixouse de organizar.
Tampere Cup volveuse organizar en agosto de 2015 baixo o nome de Decens Tampere Cup por motivos de patrocinio. Amais de Ilves e Tappara participaron no torneo Helsingin IFK e Turun Palloseura. O torneo disputouse en dous días e o HIFK de Helsinqui proclamouse campión.[5] Na primeira edición da nova etapa do torneo HIFK, que xa derrotara nas semifinais a TPS,[6] impúxose na final a Ilves 2-6.[7]
O torneo tamén se celebrou en agosto de 2016. Ese aano Tappara celebrou a vitoria final fronte a Turun Palloseura con gol de Jere Karjalainen.[8] No partido polo bronce Ilves derrotou a HIFK (2-1) no tempo suplementario logo de ter finalizado o partido con empate 1-1.[9]
En agosto de 2017 a Tampere Cup contou, ademais de con Ilves e Tappara, con HIFK e Pelicans.[10]
En 2018 o torneo contou cos mesmos participantes que o ano anterior. Tappara proclamouse campión por terceira vez consecutiva logo de derrotar na final a HIFK 4-0.
En 2021 a Tampere Cup amais de Tappara e Ilves, participaron KooKoo e HPK. A sede do torneo foi excepcionalmente o Tesoman jäähalli.[11] Ese ano KooKoo conseguiu a súa primeira Tampere Cup.
En 2022 o torneo, denominado por motivos de patrocinio “Aamulehti Tampere Cup”, disputouse por primeira vez no Nokia Arena coa participación de HPK e JYP amais dos equipos organizadores.[12] Ese ano, o campión finlandés, Tappara, alzou a copa logo de derrotar a HPK 3-2,[13] mentres que o outro equipo da cidade, Ilves, fíxose co bronce logo de remontar tres goles fronte ao equipo de Jyväskylä. [14]
Ano | Campión | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
1989 | Sokol Kíiv | Tappara | Ilves |
1990 | Djurgården | Luleå | Krylja Sovetov |
1991 | Dynamo Moscova | Team USA | Team Canada |
1992 | Dynamo Moscova | Luleå | Frölunda |
1993 | Team USA | Luleå | Ilves |
1994 | HIFK | Tappara | Frölunda |
1995 | Luleå | Team USA | CSKA Moscova |
1996 | Tappara | Köln | Petra Vsetín |
1997 | TPS | Köln | Tappara |
1998 | HV71 | Davos | Jokerit |
1999 | Tappara | Ilves | HIFK |
2000 | Djurgården | Košice | Kloten |
2001 | Blues | Košice | Tappara |
2002 | Neftekhimik Nizhnekamsk | Tappara | HV71 |
2003 | Kärpät | Ilves | HV71 |
2004 | Lions | Kärpät | Linköping |
2005 | Metallurg Magnitogorsk | Blues | Lions |
2006 | Metallurg Magnitogorsk | Tappara | Brynäs |
2007 | Blues | Metallurg Magnitogorsk | Tappara |
2008 | Metallurg Magnitogorsk | Ilves | Blues |
2009-14 | |||
2015 | HIFK | Ilves | Tappara |
2016 | Tappara | TPS | Ilves |
2017 | Tappara | HIFK | Ilves |
2018 | Tappara | HIFK | Ilves |
2019 | Ilves | HIFK | Tappara |
2020 | Lukko | Tappara | Ilves |
2021 | KooKoo | Tappara | HPK |
2022 | Tappara | HPK | Ilves |
2023 | Timrå IK | Ilves | Tappara |
2024 | HC Davos | Ilves | Tappara |
Equipo | Campión | Prata | Bronce | Medallas totais |
---|---|---|---|---|
Tappara | 6 | 6 | 6 | 17 |
Metallurg Magnitogorsk | 3 | 1 | 0 | 4 |
HIFK | 2 | 3 | 1 | 6 |
Blues | 2 | 1 | 1 | 4 |
Dynamo Moscova | 2 | 1 | 1 | 4 |
Djurgården | 2 | 0 | 0 | 2 |
Ilves | 1 | 5 | 7 | 12 |
Luleå | 1 | 3 | 0 | 4 |
Team USA | 1 | 2 | 0 | 3 |
Kärpät | 1 | 1 | 0 | 2 |
TPS | 1 | 1 | 0 | 2 |
Davos | 1 | 1 | 0 | 1 |
HV71 | 1 | 0 | 2 | 3 |
Lions | 1 | 0 | 1 | 2 |
Sokol Kíiv | 1 | 0 | 0 | 1 |
KooKoo | 1 | 0 | 0 | 1 |
Lukko | 1 | 0 | 0 | 1 |
Neftekhimik Nizhnekamsk | 1 | 0 | 0 | 1 |
Timrå IK | 1 | 0 | 0 | 1 |
Košice | 0 | 2 | 0 | 2 |
Köln | 0 | 2 | 0 | 2 |
HPK | 0 | 1 | 1 | 2 |
Frölunda | 0 | 0 | 2 | 2 |
Brynäs | 0 | 0 | 1 | 1 |
Team Canada | 0 | 0 | 1 | 1 |
CSKA Moscova | 0 | 0 | 1 | 1 |
Jokerit | 0 | 0 | 1 | 1 |
Kloten | 0 | 0 | 1 | 1 |
Krilia Sovetov | 0 | 0 | 1 | 1 |
Linköping | 0 | 0 | 1 | 1 |
Petra Vsetín | 0 | 0 | 1 | 1 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.