Syntexis libocedrii é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos sínfitos, a única viva actualmente sa superfamilia dos anaxieloideos e da súa única familia, a dos anaxiélidos, aínda que a familia ten un extenso rexistro fósil no Mesozoico. Esta especie é, polo tanto, un fósil vivente.
Syntexis libocedrii | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Syntexis libocedrii Rohwer, 1915 |
Taxonomía
Tanto o xénero como a especie foron descitos en 1915 polo entomólogo estadounidense, especializdo nos himenópteros Sievert Allen Rohwer,[1][2] como integrante da familia dos céfidos, na súa obra "A remarkable new genus of Cephidae" Proceedings of the Entomological Society of Washington 17: 114-117.[3] (Aída que despois, en 1925, foi reclasificada na familia dos anaxiélidos por Andrei Vasiliévich Martynov).[4][5]
Características
Ten o notábel comportamento de que as femias ovipositan só nas especies dos xéneros Calocedrus, Thuja e Juniperus queimados recentemente, e mesmo a miúdo a madeira aínda está a arder mentres esta avespa pon os ovos, e as larvas desenvólvense na madeira.[6]
Distribución
S. libocedrii encóntrase desde as montañas do centro de California até o sur da Columbia Británica, pero é moi poucas veces visto, excepto polos bombeiros.[Cómpre referencia]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.