entomólogo e paleontólogo ruso From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrei Vasiliévich Martynov (en ruso Андрей Васильевич Мартынов) nado o 21 de agosto de 1879 en Riazán e finado o 29 de xaneiro de 1938 en Moscova,[1] foi un entomólogo e paleontólogo ruso.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1879 Riazán, Imperio ruso |
Morte | 29 de xaneiro de 1938 Moscova, URSS |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
País de nacionalidade | rusa |
Formación profesional | Doutor en Ciencias |
Educación | Universidade Estatal de Moscova |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía, entomoloxía e paleoentomology (en) |
Ocupación | entomólogo, paleontólogo |
Empregador | Paleontological Institute, Russian Academy of Sciences (en) |
Interesado en | Entomoloxía |
Lingua | alemán, francés, inglés, ruso |
Obra | |
Doutorando | Andrei Andreevich Rikhter (en) |
Abreviatura do autor en zooloxía | Martynov |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мартынов Андрей Васильевич) Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
É coñecido por ser o fundador da paleontoloxía entomolóxica rusa. Antes dos seus traballos, a paleoentomoloxía rusa era practicamente inexistente.[2]
Martynov foi conservador do Museo Zoolóxico da Academia Soviética de Ciencias e especialista en tricópteros e plecópteros, antes de dedicarse á paleoentomoloxía nos anos 1920. Descubriu numerosos sitios novos, por exemplo nas montañas de Karatau no sur de Casaquistán e no río Kama e en Tshekarda nos Urais (ambos do Pérmico).
Foi capaz de interpretar os insectos fósiles en termos de morfoloxía comparada coas especies recentes e a descrición das relacións evolutivas das distintas ordes de insectos adiantándose ao seu tempo. Unha serie de grandes liñaxes que el propuxo aínda se aceptan na clasificación actual dos insectos.
En 1925 describiu a nova superfamilia dos anaxiloideos, e da súa única familia, a dos anaxiélidos.[3]
En 1928 deu conferencias sobre insectos fósiles no Congreso Internacional de Entomólogos en Ítaca. En 1933 recibiu a súa habilitación (doutoramento ruso) e converteuse en profesor. Dirixiu o departamento de artrópodos do Museo Xeolóxico, que máis tarde se converteu nun departamento do Instituto de Paleontoloxía da Academia Soviética de Ciencias de Moscova, a onde se mudou de Leningrado en 1936. Nese momento, con todo, xa estaba gravemente enfermo. O seu sucesor foi Boris Borisóvich Rodendorf, a quen levou ao Instituto en 1937.
En 1938 publicou un tratado sobre a paleontoloxía dos insectos voadores (Pterygota) paleópteros e neópteros.
Entre outras, destacan:[2]
A abreviatura Martynov emprégase para recoñecer a Andrei Vasiliévich Martynov como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.