From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sukhoi Su-30 (ruso: Сухой Су-30; designación OTAN: Flanker-C/G/H) é un caza bimotor supermaniobrable de dous asentos desenvolvido na Unión Soviética por Sukhoi. Trátase dun caza multirrol todo tempo para misións aire-aire e de inderdición.
Sukhoi Su-30 | |
---|---|
Tipo | caza multirrol, caza de superioridade aérea |
Fabricante | KnAAPO Irkut Corporation |
Deseñado por | Sukhoi |
Primeiro voo | 31 de decembro de 1989 |
Introducido | 1996 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Forza Aérea de Rusia Forza Aérea de Alxeria Forza Aérea de Armenia Forza Aérea do Vietnam |
Produción | 1992 - presente |
Unidades construídas | máis de 630 |
Variantes | Sukhoi Su-30MKI Sukhoi Su-30MKK Sukhoi Su-30MKM |
O Su-30 iniciouse como un proxecto de desenvolvemento interno de Sukhoi na familia Sukhoi Su-27. O plan de deseño foi renovado e o nome foi feito oficial polo Ministero de Defensa ruso en 1996. O Ministerio de Defensa ordenou da familia Flanker, os Su-27, Su-30, Su-33, Su-34 e Su-35 a súa fabricación limitada ou en serie. O Su-30 ten dúas versións distintas, fabricadas por compañías competidoras: KnAAPO e Irkut Corporation, as dúas baixo o paraugas do grupo Sukhoi.
KnAAPO fabrica o Su-30MKK e o Su-30MK2, que foron deseñados e vendidos para China, e despois a Indonesia, Uganda, Venezuela e Vietnam. Debido á participación de KnAAPO dende as primeiras etapas do desenvolvemento do Su-35, estes son basicamente unha versión bipraza do Su-35 de mediados dos 90. Os chineses elixiron un radar máis vello pero máis lixeiro polo que os canards podían eliminarse ara conseguir unha maior carga útil. É un caza con capacidades de supremacía aérea e de ataque, semellante ao estadounidense F-15E Strike Eagle.[1]
Irkut serviu tradicionalmente á Defensa Aérea Soviética e, nos primeiros anos do desenvolvemento do Flanker, tivo a responsabilidade de fabricar o Su-27UB, a versión bipraza de adestramento. Cando a India amosou interese polo Su-30, Irkut ofreceu o Su-30MKI multirrol, orixinado como o Su-27UB modificado con aviónica axeitada para cazas. Xunto coas súas capacidades de ataque a terra, a serie engade características para o rol de superioridade aérea, como canards, pulo vectorial, e un radar de longo alcance. Os seus derivados son os Su-30MKM, MKA, e SM para Malaisia, Alxeria, e Rusia respectivamente. A Forza Aérea de Rusia opera varios Su-30 e tamén ordenou a variante Su-30SM.
Aínda que o Su-27 orixinal tiña un bo alcance, non tiña o suficiente para as Forzas de Defensa Aérea Soviéticas. As Forzas de Defensa Aérea necesitaban cubrir a vasta extensión da Unión Soviética. Por iso, en 1986 iniciouse o desenvolvemento do Su-27PU, unha variante con capacidades melloradas do Su-27 capaz de operar como interceptor de longo alcance ou posto de mando aerotransportado.[2]
O bipraza Su-27UB de adestramento de combate foi escollido como base para o Su-27PU, debido a que tiña o rendemento dun Su-27 monopraza con capacidade para dous tripulantes. Un demostrador de proba de concepto voou o 6 de xuño de 1987, e o seu éxito levou a que se comezase a traballar no desenvolvemento de dous prototipos Su-27PU. O primeiro Su-27PU voou en Irkutsk o 31 de decembro de 1989, e o primeiro dos tre modelos de preprodución voou o 14 de abril de 1992.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.