Remove ads
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O succinil-coencima A ou abreviadamente succinil-CoA é unha molécula formada pola unión do ácido succínico co coencima A formando un tioéster.
Succinil-CoA | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 604-98-8 |
PubChem | 92133 |
ChemSpider | 83179 |
MeSH | succinyl-coenzyme+A |
ChEBI | CHEBI:15380 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C25H40N7O19P3S |
Masa molecular | 867,608 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O succinil-CoA é un importante intermediario do ciclo do ácido cítrico, onde se orixina a partir do alfa-cetoglutarato pola descarboxilación catalizada polo encima alfa-cetoglutarato deshidroxenase. Durante esta reacción engádese o coencima A ao esqueleto de 4 carbonos da molécula e libérase CO2.
Na seguinte reacción do ciclo convértese en succinato e coencima A libre cando a succinil coencima A sintetase (ou succinato tioquinase) do ciclo do ácido cítrico hidroliza o enlace tioéster que o une ao coencima A, reacción na que se aproveita a enerxía liberada ao romper o tioéster para sintetizar GTP a partir de GDP e fosfato, polo que é un caso de fosforilación a nivel de substrato.
Na degradación dos aminoácidos metionina, isoleucina e valina orixínase propionil-CoA que orixina en dúas reaccións succinil-CoA, polo que estes aminoácidos son glicoxénicos, xa que os intermediarios do ciclo do ácido cítrico poden ser desviados á gliconeoxénese. Este succinil-CoA tamén se pode incorporar o ciclo de Krebs para producir enerxía [1].
Na síntese do ácido graxo esencial metionina intervén o succinil-CoA na primeira reacción coa homoserina, que rende O-succinil-homoserina, e despois en tres reaccións máis obtense a metionina. Tamén intervén nunha das reaccións da vía de síntese de lisina.
A degradación dos ácidos graxos de número impar de átomos de carbono orixina propionil-CoA, a partir do que se pode sintetizar succinil-CoA. O propionil-CoA é un ácido graxo de número impar de carbonos, que non pode entrar na beta-oxidación.[2] O propionil-CoA carboxílase a D-metilmalonil-CoA, este isomerízase a L-metilmalonil-CoA, e unha reordenación da molécula orixina succinil-CoA con intervención dun encima dependente da vitamina B12.
O succinil-CoA pode contribuír á gliconeoxénese, xa que no ciclo do ácido cítrico pode converterse en oxalacetato e este en fosfoenolpiruvato, que entra na gliconeoxénese.
Un caso especial é a dos ruminantes. As bacterias do rume consomen nas súas fermentacións case toda a glicosa da herba que comen estes animais, orixinando lactato, acetato, propionato e butirato, principalmente, polo que o ruminante para obter glicosa debe sintetizala por gliconeoxénese. Unha das maneiras de facelo é converter o propionato resultante das fermentacións bacterianas en succinil-CoA, que pode desviarse á gliconeoxénese[1].
Outro destino metabólico do succinil-CoA é a síntese de porfirinas, na cal o succinil-CoA e a glicina son combinados pola ácido aminolevulínico sintase para formar ácido delta-aminolevulínico (dALA).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.