Homoserina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Homoserina

A homoserina[1][2][3] é un α-aminoácido coa fórmula química HO2CCH(NH2)CH2CH2OH. A L-homoserina non é un dos aminoácidos comúns codificados polo ADN (ver aminoácido non proteinoxénico) e difire do aminoácido proteinoxénico serina na inserción no seu esqueleto dunha unidade -CH2- adicional. Intervén como molécula intermediaria na síntese de certos aminoácidos.

Datos rápidos L, Identificadores ...
L-Homoserina
Thumb
Fórmula esquelética
Thumb
Modelo do zwitterión
Identificadores
Número CAS 672-15-1
PubChem 779
ChemSpider 758
ChEBI CHEBI:30653
ChEMBL CHEMBL11722
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C4H9NO3
Masa molecular 119,12 g/mol
Punto de fusión 203 °C (descomponse)

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Pechar

A homoserina, na súa forma lactona (homoserina lactona), é o produto resultante da clivaxe por bromuro de cianóxeno dun péptido por degradación da metionina.

Síntese de aminoácidos

A homoserina é un intermediato na biosíntese de tres aminoácidos esenciais: metionina, treonina (que é un isómero da homoserina), e isoleucina. Fórmase por dúas reducións do ácido aspártico a través do intermediario aspartato semialdehido.[4] Despois a homoserina pode seguir dúas vías, unha que dá lugar a metionina, e outra que dá lugar a treonina; a partir da treonina pode producirse isoleucina.[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.