misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz 37 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 23 de xullo de 1980 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz 37 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz 37 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 23 de xullo de 1980, 18:33 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 7,86 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6] |
Regreso | 31 de xullo de 1980, 15:15 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1980-064A |
Masa | 6570,0 kg[2][5][6] |
Soyuz 37, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Viktor Gorbatko e Pham Tuan (o primeiro cosmonauta de Vietnam) a bordo, foi unha misión Interkosmos lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. A tripulación adicouse a facer diversos experimentos ata o seu regreso, entre eles a observación de Vietnam desde o espazo, experimentos biolóxicos e procesamento de materiais.[2][3][4][5]
Gorbatko e Tuan regresaron á Terra na nave da misión Soiuz 36, pertencente á anterior misión Interkosmos, formada por Valeri Kubasov e Bertalan Farkas (o primeiro cosmonauta de Hungría) e deixando a súa Soiuz , máis nova e fresca, na estación. Aterraron o 31 de xullo de 1980 ás 15:15 GMT.[2][3][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.