misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz 29 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de xuño de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz 29 | |
---|---|
Selo postal en conmemoración de Soiuz 29 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 15 de xuño de 1978, 20:16 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 139,62 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6] |
Regreso | 3 de setembro de 1978, 11:40 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1978-061A |
Masa | 6570,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 29, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Vladimir Kovalionok e Aleksandr Ivanchenkov a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. Unha vez a bordo a tripulación adicouse a tarefas de mantemento e facer diversos experimentos. A estación recibiu a visita da Soiuz 30 o 29 de xuño e da Soiuz 31 o 7 de setembro, ambas misións Interkosmos, mentres que as Progress 2 e 3 avituallaron á tripulación acoplándose o 9 de xullo e o 10 de agosto respectivamente. O 3 de setembro a Soiuz 29 volveu a terra cos cosmonautas da Soiuz 31 (Valeri Bikovski e o alemán Sigmund Jähn). O 7 de setembro, Kovalenko e Ivanchenkov moveron a Soiuz 31 do porto posterior ao porto anterior da estación, a primeira manobra deste tipo e que deixou sitio libre para a Progress 4. A tripulación estableceu un récord de permanencia no espazo, cos seus case 140 días na estación.[2][3][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 29 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.