Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cosmódromo de Baikonur (en kazako: Байқоңыр ғарыш айлағы, Baıqońyr ǵarysh aılaǵy; en ruso: Космодро́м Байкону́р, Kosmodrom Baykonur) é unha base espacial situada no sur de Kazakhstán arrendada por Rusia.
Epónimo | Baikonur | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Kazakhstán | |||
Provincia | Qyzylorda (pt) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 90 m | |||
Creación | 1955 | |||
O cosmódromo é o primeiro espazoporto do mundo para lanzamentos de satélites e humanos e o maior espazoporto en superficie.[1] A base está localizada na estepa desértica de Baikonur, arredor de 200 km ao leste do mar de Aral e ao norte do río Sir Daria. Está próximo á estación de tren de Tyuratam e a uns 90 m sobre o nivel do mar. O cosmódromo e a cidade de Baikonur celebraron o 63.º aniversario da súa fundación o 2 de xuño de 2018.[2]
A base está alugada polo goberno de Kazakhstán a Rusia ata 2020, e está dirixida conxuntamente pola Corporación Estatal Roscosmos e as Forzas Aeroespaciais Rusas.
A área arrendada ten forma dunha elipse de 90 km de leste-oeste e 85 km de nore a sur, co cosmódromo situado no centro. Foi construído orixinariamente pola Unión Soviética a finais da década de 1950 como base de operacións do programa espacial soviético. Baixo o actual programa espacial ruso, Baikonur continúa a ser un espazoporto ocupado con numerosas misións comerciais, militares e científicas cada ano.[3][4] Todos os voos espaciais rusos tripulados se lanzan dende Baikonur.[5]
Tanto o Sputnik 1, primeiro satélite artificial, como o Vostok 1, primeiro voo tripulado, foron lanzados dende Baikonur. A plataforma de lanzamento que se empregou en ambas as misións rebautizouse como plataforma Gagarin en honra ao cosmonauta soviético Iuri Gagarin, piloto do Vostok 1 e primeiro humano no espazo.
Existe diversidade de opinións sobre a orixe do nome Baikonur. Algunhas fontes indican que o nome foi escollido deliberadamente en 1961 (na época do voo de Gagarin) para dirixir erroneamente o bloque occidental[6][7] a un lugar situado a uns 320 km ao nordés do centro de lanzamento, a pequena localidade mineira de Baikonur, preto de Jezkazgan.
Outras fontes afirman que Baikonur era o nome da rexión de Tyuratam antes de que existise o cosmódromo.[7] Leninsk, a cidade pechada construída para apoiar o cosmódromo foi renomeada Baikonur o 20 de decembro de 1995 por Boris Eltsin.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.