From Wikipedia, the free encyclopedia
Boris Ievseievich Chertok, nado o 1 de marzo de 1912 en Lodz (Unión Soviética) e finado o 14 de decembro de 2011, foi un enxeñeiro participante no programa espacial soviético.
(2005) | |
Nome orixinal | (ru) Борис Черток |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de marzo de 1912 (Xuliano) Łódź, Polonia |
Morte | 14 de decembro de 2011 (99 anos) Moscova, Rusia |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
Educación | Moscow Power Engineering Institute (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronáutica e voo espacial |
Ocupación | Enxeñeiro de aviación, profesor universitario, enxeñeiro, escritor de non ficción |
Empregador | Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova |
Partido político | Partido Comunista da Federación Rusa |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Boris Yevseyev |
Carreira militar | |
Lealdade | Unión Soviética |
Conflito | Fronte Oriental (segunda guerra mundial) |
Familia | |
Parentes | Anna Golubkina |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
Chertok naceu en 1912 en Lodz, fillo dun contable. A súa familia tivo que migrar a Moscova antes de que Boris cumprira os dous anos. Comezou a súa carreira aos 17 anos como electricista. A pesar da súa falta de formación comezou a traballar nunha fábrica de aviónica en 1930, recoñecéndoselle talento para iso e comezando a súa formación universitaria paralelamente ao seu traballo. En 1935 xa era xefe dunha oficina de deseño, xogando un importante papel no desenvolvemento da electrónica usada nas expedicións polares soviéticas. Graduouse en 1940 e comezou a traballar en sistemas de control e guiado na oficina de V. F. Bolkhovitinov.
En abril de 1945 foi asignado ao grupo que analizaría a tecnoloxía alemá de foguetes despois da segunda guerra mundial. Traballou en Alemaña ata xaneiro de 1947, entrando en contacto con Korolev por primeira vez. Chertok foi asignado á instituto NII-88 de Korolev en agosto de 1946, pasando a ser xefe delegado de sistemas de control e guiado de foguetes e naves espaciais. Traballou nos sistemas de control do primeiro mísil balístico intercontinental, o R-7, e das primeiras naves tripuladas, Vostok, Voskhod e Soiuz. Foi o responsable do sistema KORD de control dos motores do foguete N-1 e máis tarde, ata a súa xubilación en 1992, foi deseñador xefe adxunto na empresa estatal Energia. Faleceu o 14 de decembro de 2011.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.