Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A astronáutica é a rama da ciencia e da técnica que traballa coas máquinas deseñadas para saír ou traballar totalmente fóra de atmosfera terrestre, é dicir, trata da ciencia e a tecnoloxía necesarias para o voo espacial.
O termo astronáutica foi acuñado pola súa analoxía co termo aeronáutica. Dado que hai certo grao de solapamento nas tecnoloxías usadas nos dous campos adóitase aplicar o termo aeroespacial para describilos a ambos.
Ó igual que na aeronáutica, as restricións de masa, temperatura e forzas externas requiren que os sistemas sexan capaces de sobrevivir a condicións extremas: altos graos de baleiro, bombardeo de radiación procedente do espazo exterior, cintos de radiación na órbita baixa terrestre... Os vehículos de lanzamento deben traballar baixo enormes forzas e os satélites poden experimentar grandes variacións de temperatura ó longo da súa órbita, en curtos períodos de tempo.[1] As restricións en canto a masa lanzable nos foguetes causan unha constante necesidade de aforrar masa útil no deseño dos vehículos de lanzamento para maximizar a carga útil que alcanza órbita.
A enxeñería aeroespacial é un sector específico da enxeñería relacionada coa astronáutica.
Os inicios da astronáutica consisten en pura teoría: as matemáticas fundamentais das viaxes espaciais foron establecidas por Isaac Newton no século XVII no seu tratado Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica.[2] Outros matemáticos, como Leonhard Euler e Joseph Louis Lagrange, tamén fixeron contribucións esenciais nos séculos XVIII e XIX. Por outro lado, a cuestión da viaxe espacial xa fora tratada na literatura de man de Jules Verne e H. G. Wells.
A principios do século XX, Konstantin Tsiolkovskii formulou a famosa ecuación do foguete de Tsiolkovskii, que describe a propulsión baseada en foguetes. Esta ecuación fai posible calcular a velocidade final do foguete a partir da masa da nave (), da masa combinada do propelente e da nave () e da velocidade de escape do propelente ():
Nos primeiros anos da década de 1920, Robert Hutchings Goddard desenvolveu foguetes de propelente líquido, concepto que unhas décadas despois converteríase na base dos foguetes V-2 na segunda guerra mundial e os posteriores Saturno V empregados para enviar a persoas á Lúa.
En 2019 un cohete SpaceX Falcon Heavy inaugurou o lanzamento múltiple de naves espaciais por unha compañía privada.[3] Ese mesmo ano anúnciase que foi fletada unha viaxe para dar unha volta á Lúa como turismo espacial.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Astronáutica |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.