É unha planta vizosa, lígnea e moi invasiva, con longos talos flexíbeis cheos de espiños. As follas son pinnadas e se dividen en folíolos ovais, dentados, pubescentes pola parte inferior; están cubertas de finos espiños, especialmente pola nervadura media. As flores son de cor branca ou rosada e se agrupan en acios terminais. O froito, denominado amora, é composto e globuloso. As diversas cores que adopta determinan o grao de maduración (verde, vermello e negro, respectivamente). A planta presenta ao mesmo tempo a floración e os diversos graos de maduración do froito, feito infrecuente noutras plantas.[1]
Empréganse as follas, os botóns florais, os froitos e, en menor medida, a raíz.
Infusión: vía interna, emprégase de 6 a 10 gramos por litro, por vía externa dez veces esa cantidade, ou sexa, 100 gramos por litro.
Macerados glicerinados: 50 gotas, tres veces ao día.
Vinagre de amoras: ponse un quilo de amoras limpas nunha cunca de cerámica. Cóbrese con vinagre de sidra ou de viño de pouca graduación, e se deixa macerar durante tres días, remexendo unha vez ao día. Finalmente, fíltrase con presión. Calcúlase o líquido obtido e se engaden 150 cc de azucre por cada medio litro de líquido. Posteriormente, férvese suavemente durante 5 a 6 minutos. Déixase arrefriar e se conserva en botellas ben fechadas. Tomarase unha culler de sobremesa disolta nunha cunca de auga ou de tisana. Recoméndase coma tónico antianémico.[1]
Nome común galego: silva[2], silveira[3]. Cómpre ter en conta que outras plantas do xénero Rubus reciben tamén o nome común de silva, especialmente Rubus ulmifolius.
Aínda que o nome Rubus fruticosus L. xa foi utilizado nas descricións de Linneo (que neste caso non foron inequívocas), posteriormente foi utilizado con diversos significados referíndose a distintas especies conforme foron facéndose novos estudos taxonómicos do complicado xénero Rubus, que ten especies moi parecidas, diversas subespecies, variedades e microespecies e diversos casos de probables hibridacións. Actualmente R. fruticosus é un nome ambiguo para referirse ás especies de silvas do xénero Rubus. O nome foi interpretado das seguintes formas:
Para referirse á especie representada polo espécime tipo de Rubus fruticosus L., que tamén é o espécime tipo do xénero Rubus.[6] Este espécime considérase que se corresponde coa especie R. plicatus, en RubussubxéneroRubus, secciónRubus.[7][8]
Para referirse a varias especies que concordan coa descrición orixinal de Linneo da especie, a cal estaba baseada nunha mestura de especies que agora se considera que se corresponden con Rubus ulmifolius e R. plicatus
Para referirse a un agregado de especies (grupo de especies similares) chamado Rubus fruticosus agg. que inclúe a maioría dun grupo chamado Rubus subxénero Rubus[8] ou Rubus sección Rubus:[9]
Usado en senso estrito, ás veces é separado como a sección Glandulosus, que comprende aproximadamente 289 microespecies.[8] Neste sentido o agregado de especies non inclúe o tipo do xénero Rubus, o cal é un híbrido.
Usado en senso amplo incluíndo o subxénero Rubus seccións Glandulosus, Rubus (cunhas 20 microespecies) e Corylifolii (cunhas 24 microespecies).[8] Os membros da sección Rubus son probablemente híbridos que implican a membros da sección Glandulosus xunto con ou ben R. idaeus ou ben R. allegheniensis.[8] A sección Corylifolii consta probablemente de híbridos nos que están implicados membros da sección Glandulosus xunto con R. caesius.[8]
Nun senso aínda máis amplo úsase como nomen ambiguum (nome ambiguo) incluíndo todos os taxons do subxénero (ou sección) Rubus[10]
Se nos atemos a como o teñen usado diversos autores, á parte do significado establecido de Rubus fruticosus L. como R. plicatus, o nome R. fruticosus foi incorrectamente aplicado a varias especies, entre as que están:[11]
AFPD, 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
Reference article Drake del Castillo, E. 1902[1903]. Histoire naturelle des plantes. Hist. Phys. Madagascar 30: 1–208.
Reference article Gibbs Russell, G. E, W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. van Wyk & A. Nicholas (PRECIS) 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
Jarvis, C.E. (1992). "Seventy-Two Proposals for the Conservation of Types of Selected Linnaean Generic Names, the Report of Subcommittee 3C on the Lectotypification of Linnaean Generic Names". Taxon41 (3): 552–583. JSTOR1222833. doi:10.2307/1222833.