alpinista e político catalán From Wikipedia, the free encyclopedia
Sergi Mingote Moreno, nado en Parets del Vallès o 9 de marzo de 1971, e finado no K2, Paquistán o 16 de xaneiro de 2021, foi un alpinista e político catalán.[1] Conseguiu coroar o Everest en solitario polo cara norte (no ano 2001) e encadear as subidas do K2 e o Broad Peak (2018) en só sete días. Faleceu no K2 tras retirarse da expedición nepalesa que colideraba, e que acabaría conseguindo ollar por primeira vez o cume no inverno, mentres trataba de regresar ao campamento base para retomar a ascensión.[2]
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Sergi Mingote Moreno 9 de marzo de 1971 Parets del Vallès, España |
Morte | 16 de xaneiro de 2021 (49 anos) K2, Paquistán |
Causa da morte | morte accidental |
Alcalde de Parets del Vallès | |
11 de xuño de 2011 – 25 de maio de 2018 ← Joan Seguer i Tomàs (pt) – Francesc Juzgado i Mollá (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Esade |
Actividade | |
Ocupación | político, montañista |
Partido político | Partit dels Socialistes de Catalunya |
Membro de | |
Deporte | alpinismo |
Páxina web | https://www.sergimingote.cat/ |
Diplomado en función xerencial nas administracións públicas pola ESADE, foi alcalde polo PSC da súa cidade natal, Parets del Vallès (provincia de Barcelona), entre os anos 2011 e 2018, sendo anteriormente concelleiro de deportes. Tamén foi coach executivo por The International School of Coaching.
Como alpinista profesional conseguiu o primeiro oitomil en 1998, escalando o Cho Oiu (8201 m). A este seguíronlle o Shishapangma (1999), e unha primeira ascensión ao Everest polo cara norte, en solitario, no ano 2001. En 2003, repetiu polo cara sur. Unha vez no cumio enviou unha mensaxe de paz e sacou unha pancarta para homenaxear os 20 anos de Catalunya Ràdio e TV3.[3][4] Aproveitando a ascensión pola cara sur, TV3 emitiu por primeira vez por televisión a coroación do cumio en directo.[5] Ademais de coroar numerosos outros cumios, formou parte da primeira expedición mundial do milenio ao polo norte magnético. Destacou en probas de resistencia en bicicleta de montaña,[1] Ironmans, Ultraman, e nunha travesía a nado do estreito de Xibraltar.
En xullo de 2018 fixo o seu regreso ao montañismo de oitomiles encadeando o ascenso ao K2 e ao Broad Peak en só sete días. Isto foi o inicio do seu proxecto 14x8000 en 1000 días, onde se propuxo subir os 14 oitomiles sen osíxeno artificial nese tempo. Ao proxecto seguíronlle os ascensos do Manaslu (setembro de 2018), Lhotse (maio de 2019), Nanga Parbat e Gasherbrum II (xullo de 2019) e Dhaulagiri (outubro de 2019).[6] O obxectivo do proxecto, cumio en todas as expedicións, levouno a ser recoñecido como un dos nomes con máis sona do alpinismo español.
Os plans de Mingote víronse afectados pola crise da COVID-19, que o obrigaron a cancelar as expedicións do verán de 2020.[7] Nos seus últimos anos de vida exerceu de presidente de ONAT Foundation.
A finais de 2020 volveu viaxar a Paquistán para escalar o K2 no período invernal, coliderando unha expedición nepalesa. Para ir informando o desenvolvemento da escalada, o periódico Mundo Deportivo ofreceulle as súas páxinas para ir publicando vídeos e artigos sobre a mesma.[8][9][10]
Logo de escalar boa parte da montaña xunto ao chileno Juan Pablo Mohr, decidiu retirarse á altura do campamento 3, para regresar ao campamento base e tratar de retomar a ascensión e chegar ao cumio noutras condicións. Tras facer noite no campamento 3, e xa descendido ao campamento 1, faleceu na xornada do 16 de xaneiro de 2021 por mor dunha caída. Ao coñecerse o accidente iniciouse dende o campamento base un operativo de rescate liderado polos alpinistas italianos Simone Moro e Tamara Lunger e o romanés Alex Gavan, xunto a un equipo médico,[11] que non puideron salvarlle a vida.[12] Ese mesmo día, paradoxalmente, a expedición da que formaba parte, e que quedaba composta por dez escaladores nepaleses, conseguía o primeiro ascenso a esta montaña no período invernal.[13][14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.