Manaslu
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Manaslu é a oitava montaña do mundo pola súa altura de 8.163 m.s.n.m. É tamén coñecido como Kutang.
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Mansiri Himal (en) | |||
Localizado na área protexida | Manaslu Conservation Area (en) | |||
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Gorkha, Nepal (pt) | |||
| ||||
Cordilleira | Himalaia | |||
Características | ||||
Altitude | 8.163 m | |||
Prominencia topográfica | 3.092 m | |||
Illamento topográfico | 106 km | |||
Material usado | granito | |||
Clasificación dos cumes | Oitomil | |||
O Manaslu está situado no Nepal, na cadea do Himalaia, nun ramal denominado macizo do Gurkha.
Manaslu procede do sanscrito Manasa que significa « montaña do espírito ». En tibetano é chamado Kutang (tang equivale a "lugar chan").
O Manaslu foi por vez primeira escalado até a cima o 9 de maio de 1956, collendo unha ruta pola cara nordeste, por unha expedición xaponesa dirixida por Toshio Imanishi, na que colaborou o xerpa Gyalzen Norbu. Os dous escaladores citados foron os que chegaron ao cume.
O 4 de maio de 1974, un equipo feminino xaponés logra alcanzar a cima. Esta foi a primeira vez na que unha expedición exclusivamente composta de mulleres coroa con éxito un cume de máis de oito mil metros de altura. Por desgraza houbo que lamentar a morte dunha expedicionaria o día 5 de maio. O 26 de abril de 1975, os españois Gerald García, Jerónimo López e Sonam Sherpa, atinxen o cume pola cara nordeste da montaña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.