Sealand
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sealand ou ben Principado de Sealand é unha micronación autodeclarada como estado pero non recoñecido como entidade pola comunidade internacional.
Principality of Sealand (en) | |||||
Himno | E Mare Libertas (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «e mare libertas» | ||||
Epónimo | mar | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Leste de Inglaterra | ||||
Condado cerimonial | Essex | ||||
County council area (en) | Essex (en) | ||||
Distrito não-metropolitano (pt) | Tendring (pt) | ||||
Vila | Harwich (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 27 (2002) (6.750 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 0,004 km² | ||||
Bañado por | Mar do Norte | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Paddy Roy Bates (pt) | ||||
Creación | 2 de setembro de 1967 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Oligarquía monarquía constitucional | ||||
• Xefe de estado | Michael I de Sealand (pt) (2012–) | ||||
Moeda | coins and postage stamps of Sealand (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | sealandgov.org |
Proclama como o seu territorio a Roughs Tower, unha explataforma mariña usada como forte naval, construída pola Royal Navy en 1942 e localizada no mar do Norte, a dez quilómetros da costa de Suffolk, no Reino Unido, así como augas territoriais nun radio de doce millas náuticas. Sealand está ocupada pola familia e asociados de Paddy Roy Bates, quen se outorgou o título de Alteza Real Príncipe Rei de Sealand. A área habitábel da torre é de 550 m².
A pesar da falta de recoñecemento da súa soberanía e lexitimidade, Sealand é unha das micronacións máis coñecidas do mundo e a miúdo é citada como un caso de estudo da maneira na que os principios de dereito internacional se poden aplicar a un territorio en disputa.
En 1943, durante a segunda guerra mundial, a HM Fort Roughs (ás veces chamada Roughs Tower) construíuse como un dos Fortes Maunsell,[1] principalmente para defender a franxa de navegación vital nos estuarios próximos contra os avións nazis da Kriegsmarine. Consistía nunha base flotante cunha superestructura de dúas torres baleiras unidas por unha cuberta sobre a que se podían engadir outras estruturas. O forte foi remolcado a unha posición por encima do baixío das Rough Sands, onde a súa base foi deliberadamente inundada para afundila no seu lugar de descanso final. Está aproximadamente a 7 millas náuticas (13 km.) desde a costa de Suffolk, fóra do límite de tres millas náuticas (6 km.) do Reino Unido e, xa que logo, en augas internacionais.[1] A instalación foi ocupada por 150-300 empregados da Royal Navy durante a segunda guerra mundial, o último persoal permanente abandonouna en 1956.[1]
Roughs Tower foi ocupada en febreiro e agosto de 1965 por Jack Moore e a súa filla Jane, facéndoo en nome da estación de radio pirata Wonderful Radio London.
O 2 de setembro de 1967, o forte foi ocupado polo maior Paddy Roy Bates, un ciudadan británico e locutor de radio pirata que expulsou a un grupo competidor de radio pirata.[2] Bates pretendía transmitir a súa estación de radio pirata, chamada Radio Essex, desde a plataforma.[3] Malia ter o equipo necesario, nunca comezou a transmitir.[4] Bates declarou a independencia de Roughs Tower e chamouno Principado de Sealand.[4].[2]
En 1968, os operarios británicos entraron no que Bates afirmaba ser as súas augas territoriais para atender unha boia de navegación preto da plataforma. Michael Bates (fillo de Paddy Roy Bates) intentou asustar aos traballadores facendo disparos de advertencia desde o ex-forte. Como Bates era un súbdito británico nesa época, foi citado por un tribunal en Inglaterra por acusacións de tenencia de armas de fogo tralo incidente.[5] Pero como o tribunal decidiu que a plataforma (que Bates agora chamaba "Sealand") estaba fóra dos límites territoriais británicos, estando fóra das 3 millas náuticas do límite das augas territoriais do país, o caso non procedía.[6] En 1975, Bates presentou unha constitución para Sealand, seguida dunha bandeira nacional, un himno nacional, unha moeda e pasaportes.
En agosto de 1978, Alexander Achenbach, que se proclama a si mesmo como o primeiro ministro de Sealand, contratou a varios mercenarios alemáns e holandeses para atacar Sealand mentres Bates e a súa esposa estaban en Inglaterra.[7] Asaltaron a plataforma con lanchas rápidas, Jet Ski e helicópteros, e tomaron o fillo de Bates como refén. Michael conseguiu retomar Sealand e capturar a Achenbach e aos mercenarios usando armas ocultas na plataforma. Achenbach, un avogado alemán que posuía un pasaporte de Sealand, foi acusado de traizón contra Sealand[7] e foi retido a menos que pagase 75.000 marcos, (35.000 dólares ou 23.000 £).[8] Os gobernos dos Países Baixos, Austria e Alemaña solicitaron ao goberno británico a súa liberación, pero o Reino Unido desentendeuse do caso, citando a decisión xudicial de 1968.[9] Alemaña enviou un diplomático da súa embaixada de Londres a Sealand para negociar a liberación de Achenbach. Roy Bates cedeu logo de varias semanas de negociacións e posteriormente afirmou que a visita do diplomático constituía un recoñecemento "de facto" de Sealand por parte de Alemaña.[7]
Logo da repatriación do primeiro, Achenbach e Gernot Pütz estableceron un goberno no exilio, ás veces coñecido como Sealand Rebel Government ou Sealandic Rebel Government, en Alemaña.[7] O sucesor nomeado por Achenbach, Johannes Seiger, continúa reclamando a través do seu sitio web que é a autoridade lexítima de Sealand.[10]
En 1997, a familia Bates revogou todos os pasaportes de Sealand, incluídos os que eles mesmos emitiran nos últimos 22 anos.[7] Pensaban que tiñan uns 150.000 en circulación.[9]
Na tarde do 23 de xuño de 2006, a plataforma superior da Roughs Tower incendiouse debido a un fallo eléctrico. Un helicóptero de rescate da Royal Air Force transferiu desde a torre a unha persoa ao hospital de Ipswich. O remolcador de rescate Harwich colocouse á beira da Roughs Tower ata que un remolcador local extinguiu o lume.[11] Todos os danos foron reparados en novembro de 2006.[12] En xaneiro de 2007, The Pirate Bay intentou comprar Sealand despois do endurecemento das leis de copyright en Suecia, que lles forzaron a buscar unha base de operacións noutro lugar.[13] Entre 2007 e 2010, Sealand púxose á venda a través da inmobiliaria española InmoNaranja,[14][15] por un prezo de compra de 750 millóns de euros.[14][16][17]
Roy Bates morreu aos 91 anos o 9 de outubro de 2012; levaba sufrindo de Alzheimer desde hacía varios anos. Sucedeuno o seu fillo Michael.[18][19][20][21][22] Joan Bates morreu nun asilo de anciáns de Essex aos 86 anos o 10 de marzo de 2016.[23]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.