San Paio, Vigo

parroquia civil do concello de Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia

San Paio, Vigomap

San Paio de Fóra, eclesiasticamente San Paio de Lavadores[3], é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Candeán, Lavadores, San Xoán do Monte, Teis e a cidade de Vigo e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 2 entidades de poboación, O Casal e San Paio.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
San Paio de Fóra
Thumb
Thumb
ConcelloVigo[2]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°14′06″N 8°41′25″O
Entidades de poboación2[2]
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Historia

Ata a década de 1970 era un dos barrios máis poboados da parroquia de Lavadores e aínda hoxe se percibe o sentimento de pertenza á devandita parroquia entre a veciñanza[4]. Posteriormente independizouse como parroquia eclesiástica[3]. O Nomenclátor de Galicia recolle esta freguesía[5]. Porén, no Nomenclátor Estatístico de Galicia do IGE, a súa poboación contabilízase xa dentro da cidade de Vigo[6].

Sitúase nun prominente outeiro, entre as actuais Avenida do Aeroporto e a Rúa de Cantabria[4].

A igrexa parroquial actual data da década de 1950. Este haxiónimo deriva de SANCT' PELAGIUM, quizais pola presenza dunha vella ermida no lugar baixo a advocación de San Paio.[4]

Thumb
San Paio, no mapa de parroquias eclesiásticas do concello de Vigo.

Conserva un peto de ánimas do século XIX, nun conxunto de casas antigas, e un par de lavadoiros.

Galería de imaxes

Tódalas imaxes do artigo están xeolocalizadas. Máis información premendo nelas.

Lugares e parroquias

Lugares de San Paio

Lugares da parroquia de San Paio no concello de Vigo (Pontevedra)

O Casal | San Paio

Parroquias de Vigo

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.