A Florida, Vigo

parroquia civil do concello de Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia

A Florida, Vigomap

Santo Antonio da Florida é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo. Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Vigo-Fragoso.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
A Florida, Vigo
Thumb
Escultura O corredor, de Ramón Conde, na Avenida da Florida
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°12′53″N 8°44′30″O
Entidades de poboación5[1]
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Organización administrativa

Segundo os datos do Nomenclátor de Galicia, é unha parroquia civil;[2] tamén é unha parroquia eclesiástica dende o 31 de xullo de 1958, tras unha reorganización parroquial.[3][4][5] Abrangue, grosso modo, o espazo que se sitúa arredor da avenida homónima. Escindiuse da vella parroquia de Coia e, polo tanto, o sentimento de pertenza a esta última freguesía aínda se advirte na veciñanza.[4]

Thumb
Santo Antonio da Florida, dentro da división eclesiástica do concello de Vigo.

Porén, non aparece no censo de poboación do IGE[6] nin no Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional do INE. Ten cinco entidades de poboación.[2]

Toponimia

Posibelmente deba o seu nome a unha casa de indianos que había no lugar, cuxo nome era "La Florida".[4]

Notas

Lugares e parroquias

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.