San Xoán do Monte, Vigo
parroquia eclesiástica do arciprestado Vigo-Teis From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xoán do Monte[2], ou San Xoán Bautista de Vigo[3], é unha parroquia eclesiástica[3] do concello de Vigo.
San Xoán do Monte | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de San Xoán do Monte | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°14′20″N 8°42′00″O |
Entidades de poboación | [1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
Limita coas parroquias de San Paio de Lavadores, Nosa Señora das Neves, Santo Cura de Ars e A Inmaculada Concepción. Pertence ó arciprestado de Vigo-Teis.
Historia
É unha parroquia de reducidas dimensións. Foi erixida como independente o 31 de xullo de 1958[4], logo dunha reestruturación parroquial, canda Santo Ignacio de Loiola, Nosa Señora das Neves, Santa Clara (en Cabral), Santo Cristo da Vitoria (Coia), Santo Antonio de Padua (A Florida) e San Bieito (Valadares)[4]. Abrangue, na súa meirande parte, terreos da vella parroquia de Teis, pero tamén de Lavadores, xustamente onde se atopa a igrexa parroquial, antes capela de San Xoán do Caride[5].
No seu termo tamén se sitúa a capela das relixiosas de María Reparadora, situada na rúa da Fonte [6].
Notas
- "San Xoan do Monte - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2023-09-08.
- "San Xoán Bautista de Vigo". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-08.
- "La Noche : único diario de la tarde en Galicia: Ano XXXVIII Número 11609 - 1958 novembro 24". Galiciana. Consultado o 08/09/2023.
- Sestay Martínez, Iván (2010). Toponimia do Val de Fragoso. Lavadores. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
- "San Xoán Bautista de Vigo". Galiciana. Arquivo dixital de Galicia. Consultado o 08/09/2023.
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.