Saint Kitts e Nevis
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Saint Kitts e Nevis (i/-ˈkɪts ... ˈniːvɪs/)[1] (en inglés: Saint Kitts and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación.[2] O país é un reino da Commonwealth, con Carlos III do Reino Unido como rei e xefe do Estado.[3][4]
Federation of Saint Kitts and Nevis (en) | |||||
Himno | Oh Land of Beauty! (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Country Above Self (en) » | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Basseterre | ||||
Contén a división administrativa | Christ Church Nichola Town (pt) Saint Anne Sandy Point (pt) Saint George Basseterre (pt) Saint George Gingerland (pt) Saint James Windward (pt) Saint John Capisterre (pt) Saint John Figtree (pt) Saint Mary Cayon (pt) Saint Paul Capisterre (pt) Saint Paul Charlestown (pt) Saint Peter Basseterre (pt) Saint Thomas Lowland (pt) Saint Thomas Middle Island (pt) Trinity Palmetto Point (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 55.345 (2017) (205,47 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 269,358763 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Liamuiga (pt) (1.156 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Caribe (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 27 de febreiro de 1967 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional monarquia federal (pt) | ||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
• Prime Minister of St Kitts and Nevis (en) | Terrance Drew (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional (São Cristóvão e Neves) (pt) , (Escano: 15) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 860.844.444 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar Caribe-Leste | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .kn | ||||
Prefixo telefónico | +1869 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911 | ||||
Código de país | KN | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | gov.kn | ||||
A súa capital é Basseterre na illa máis grande de Saint Kitts.[5] A pequena illa de Nevis está aproximadamente a 3 km. ao sueste a través dunha canle pouco profunda chamada The Narrows.[6]
A dependencia británica de Anguila tamén foi parte desta unión, que entón era coñecida colectivamente como Saint Christopher-Nevis-Anguila, así a todo optou por apartarse da unión e segue sendo un Territorio Británico de Ultramar.[7] Ao norte-noroeste atópanse as illas de Santo Eustaquio, Saba, Saint-Barthélemy, Saint-Martin / Sint Maarten e Anguila. Ao leste e ao nordés atópanse Antiga e Barbuda, e ao sueste a pequena illa deshabitada de Redonda (parte de Antiga e Barbuda) e a illa de Montserrat.
Saint Kitts e Nevis foron as primeiras illas do Caribe en colonizarse polos europeos. Saint Kitts foi o fogar das primeiras colonias británicas e francesas do Caribe, e así foi tamén chamada "A Colonia Nai das Indias Occidentais". [Cómpre referencia]
Saint Kittts, ou San Cristovo, era orixinalmente chamada Liamuiga polos indíxenas que a habitaban. Nevis era orixinalmente chamada Oualie, "terra das augas belas". Cristovo Colón avistou Nevis o 1493.
As illas tornáronse colonias do Reino Unido no 1624. Nevis foi colonizada no 1628 con colonos orixinarios de Saint Kitts. A pesar de separadas por apenas 3 km de auga, as dúas illas foron colonias separadas ata o final do século XIX, cando foron unidas entre si e a Anguila.
San Cristovo, Nevis e Anguila, tornáronse un Estado en conxunto, con autonomía interna completa en 1967. Anguilla rebelouse e foi permitida súa separación en 1971. San Cristovo e Nevis conseguiron a súa independencia en 1983. En agosto do 1998, celebrouse un referendo de autodeterminación en Nevis, os votos favorables á secesión non chegaron aos dous terzos requiridos pola constitución. En setembro do mesmo ano, o furacán Georges causou aproximadamente 445 millóns de dólares en danos, e limitou o crecemento do PIB para aquel ano.
Como a maior parte dos países que integran a Mancomunidade Británica de Nacións, o xefe de Estado das illas segue sendo o monarca británico, o cal elixe un Gobernador Xeral residente para que lle represente nos asuntos locais. Desde o 1 de xaneiro de 1996 o Gobernador Xeral das illas é Cuthbert Montraville Sebastian. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro Denzil Douglas, que é tamén líder do partido que ten a maioría no parlamento.
O Parlamento unicameral (National Assembly, Asemblea Nacional) ten 14 membros, sendo 11 elixidos directamente pola poboación (3 da illa de Nevis) e 3 senadores, que son indicados polo Gobernador Xeral.
O país forma parte do Caricom e da Organización dos Países do Caribe-Leste (OECS).
Hai 14 subdivisións ou parroquias nas dúas illas:
Christ Church Nichola Town - Saint Anne Sandy Point - Saint George Baseterre - Saint John Capisterre - Saint Mary Cayon - Saint Paul Capisterre - Saint Peter Baseterre - Saint Thomas Middle Island - Trinity Palmetto Point.
Saint George Gingerland - Saint James Windward - Saint John Figtree - Saint Paul Charlestown - Saint Thomas Lowland -
Parroquias | Capital | Poboación | Superficie (km2) |
Poboación densidade por km2 |
Illa |
---|---|---|---|---|---|
Christ Church Nichola Town | Nichola Town | 1,922 | 18 | 107 | Saint Kitts |
Saint Anne Sandy Point | Sandy Point Town | 2,626 | 13 | 202 | Saint Kitts |
Saint George Basseterre | Basseterre | 12,635 | 29 | 436 | Saint Kitts |
Saint John Capisterre | Dieppe Bay Town | 2,962 | 25 | 118 | Saint Kitts |
Saint Mary Cayon | Cayon | 3,435 | 15 | 229 | Saint Kitts |
Saint Paul Capisterre | Saint Paul Capisterre | 2,432 | 14 | 174 | Saint Kitts |
Saint Peter Basseterre | Monkey Hill | 4,670 | 21 | 222 | Saint Kitts |
Saint Thomas Middle Island | Middle Island | 2,535 | 25 | 101.4 | Saint Kitts |
Trinity Palmetto Point | Trinity | 1,701 | 16 | 106 | Saint Kitts |
Saint George Gingerland | Market Shop | 2,496 | 18 | 139 | Nevis |
Saint James Windward | Newcastle | 2,038 | 32 | 64 | Nevis |
Saint John Figtree | Figtree | 3,827 | 22 | 174 | Nevis |
Saint Paul Charlestown | Charlestown | 1,847 | 4 | 462 | Nevis |
Saint Thomas Lowland | Cotton Ground | 2,069 | 18 | 115 | Nevis |
Artigo principal: Xeografía de Saint Kitts e Nevis
O país está formado por dúas illas antillanas principais, Saint Kitts e Nevis, separadas por unha distancia de 3 km. polo estreito de The Narrows.[8] Ambas son de orixe volcánica, con grandes picos centrais cubertos de selva tropical.[9] A maioría da poboación vive ao longo das zonas costeiras máis planas.[9] St Kitts contén varias cadeas montañosas (a North West Range, Central Range e South-West Range) no seu centro, onde está o pico máis alto do país, o Monte Liamuiga con 1156 m..[8] Ao longo da costa leste pódense atopar os outeiros Canadá e Conaree. A terra estreitase considerablemente no sueste, formando unha península moito máis plana que contén a maior masa de auga, a Great Salt Pond. Ao sueste, en The Narrows, atópase a pequena illa de Booby Island. Son numerosos os ríos que descenden das montañas de ambas illas, que proporcionan auga doce á poboación local. Nevis, a máis pequena das dúas illas principais e de forma aproximadamente circular, está dominada polo Nevis Peak 985 m.[9]
O clima das illas é tropical húmido cunha media de 26,7 graos durante todo o ano.
É o país máis pequeno de América.
Artigo principal: Economía de Saint Kitts e Nevis
O turismo e as finanzas internacionais son a fonte principal de ingresos para a súa poboación.
San Cristovo e Nevis é membro da Comunidade do Caribe (Caricom). A Suprema Corte do Caribe Oriental encárgase dos seus asuntos xudiciais e a súa moeda é o dólar do Caribe Oriental.
A poboación das illas está composta na súa maioría por negros descendentes dos escravos traídos da África Occidental.
A maioría da poboación é cristiá, principalmente anglicanos, aínda que tamén existen outras confesións protestantes e a igrexa católica.
O inglés é o principal idioma, aínda que tamén se fala o patois.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.