Illa de San Martiño
illa no mar Caribe From Wikipedia, the free encyclopedia
illa no mar Caribe From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa de San Martiño (Saint-Martin en francés, Sint Maarten en neerlandés) é unha illa situada no mar Caribe, aproximadamente a 240 km ao leste da illa de Porto Rico. Ten 98 km² de superficie, e en 2009 tiña 77.741 habitantes.
Saint-Martin (fr) | |||||
Epónimo | Martiño de Tours | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Colectividade | San Martiño | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 72.239 (2014) (830,33 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 87 km² | ||||
Medición | 13,3 () × 14,3 () km | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 424 m | ||||
Punto máis alto | Pic Paradis (en) (424 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Está dividida territorialmente en dúas metades: a parte sur pertence ás Antillas Neerlandesas (denominada Sint Maarten), mentres que a parte norte é a colectividade de ultramar francesa de Saint Martín, constituída en 2007 logo da súa secesión do departamento de ultramar de Guadalupe.
Colectivamente, ambos os territorios son coñecidos como St. Martin/St. Maarten ou St. Martins. As principais cidades son Marigot, no lado francés, e Philipsburg, no lado neerlandés.
A illa foi divisada polo navegante Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493, día de San Martiño de Tours, en honra ao cal chamou á illa.
Os conquistadores holandeses chegaron a esta illa e habitárona desde a década de 1620. España reconquistou a illa en 1633 e fundaron un forte en Punta Branca. Baixo a dominación hispana, foron introducidos os primeiros escravos africanos. Con todo, estes entraron en maior cantidade durante o século XVIII como traballadores nas plantacións de cana de azucre dos franceses.
O 23 de marzo de 1648 foi asinado un acordo para dividir a illa entre os reinos de Francia e de Holanda. Desde ese entón ambos os territorios dependeron doutros territorios de ultramar de potencias estranxeiras. Xa a comezos do século XXI ambos territorios comezaron a esixir unha modificación aos estatutos de goberno. A zona francesa, que era unha comuna do departamento de ultramar de Guadalupe, decidiu escindirse, do mesmo xeito que a próxima illa de Saint-Barthélemy. Tras ser aprobado polo parlamento francés, San-Martín estableceuse como unha colectividade de ultramar o 22 de febreiro de 2007. En tanto, unha reforma importante que sufrirá as Antillas Neerlandesas durante 2007 permitirán que San Martiño teña un estátus similar ao que ostenta actualmente Aruba.
A illa de San Martiño sufriu nos últimos anos un forte incremento demográfico, debido ao forte desenvolvemento do turismo. A inmigración preponderante é de ascendencia haitiana, francesa e dominicana. En 2002 estimábase unha poboación en Saint-Martin de 31.397, mentres en Sint-Maarten era de preto de 42.000 en 2005.
Aínda que os idiomas máis usados son o francés e neerlandés nas súas diversas variantes, mesturadas con dialectos caribeños, tamén está presente o español, cunha estimación de preto de 4.500 hispanoparlantes en toda a illa.
Os principais deportes practicados son o sóftbol e o béisbol. O fútbol non é moi popular, con todo, ambas as partes da illa posúen seleccións deste deporte. A selección de fútbol de Saint-Martin e a selección de fútbol de Sint Maarten son na actualidade seleccionados asociados á CONCACAF e non pertencen á FIFA, pero probablemente co cambio nos seus estatutos durante 2007 puidesen ter acceso á membresía.[Cómpre referencia]
Existen dous aeroportos na illa: o Aeroporto Internacional Princesa Xuliana na parte holandesa, e o Aeroporto Grand-Case na francesa. O primeiro dos mencionados aeroportos é único no seu tipo, xa que a cabeceira da pista se atopa xunto á praia e é que numerosas persoas poden observar descender avións de gran porte a escasos metros da súa localización[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.