Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Comunidade do Caribe (CARICOM, polas súas siglas en inglés) (en castelán: Comunidad del Caribe, en francés: Communauté Caribéenne, en inglés: Caribbean Community, en neerlandés: Caribische Gemeenschap) é unha organización internacional para o fortalecemento das relacións na rexión do Caribe cuxa sede atópase en Georgetown, Güiana. Foi fundada en 1973 polo Tratado de Chaguaramas (Trinidad e Tobago) e substituíu a Asociación Caribeña de Librecambio que fora creada en 1965.
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xaneiro de 2022.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua inglesa lingua castelá lingua neerlandesa | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 4 de xuño de 1973 | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Sitio web | caricom.org | ||||
É unha organización de 15 nacións do Caribe (principalmente do Caribe anglófono) e dependencias británicas. Os membros de pleno dereito son: Antiga e Barbuda, Barbados, Belize, Dominica, Granada, Güiana, Haití, Xamaica, Montserrat, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Suriname e Trinidad e Tobago (as Illas Virxes Británicas e as Illas Turks e Caicos son membros asociados). As Bahamas pertencen á Comunidade pero non ao mercado común creado no seu seo, mentres que Aruba, Colombia, Curaçao, México, Porto Rico, República Dominicana, San Martiño e Venezuela son países observadores. A sede da CARICOM atópase en Georgetown, Güiana.
A comunidade do Caribe desenvolve tres actividades principais: a cooperación económica a través do Mercado Común do Caribe, a coordinación da política exterior e a colaboración en campos como a agricultura, a industria, o transporte ou as telecomunicacións.
Os principais obxectivos da CARICOM son: promover a integración económica e a cooperación entre os seus membros, así como asegurar que os beneficios da integración se distribúan equitativamente, e coordinar a política exterior. As súas principais actividades inclúen a coordinación das políticas económicas e a planificación do desenvolvemento, a elaboración e a institución de proxectos especiais para os países menos desenvolvidos dentro da súa xurisdición; funcionar como un mercado rexional único para moitos dos seus membros (Mercado Único da CARICOM), e a resolución de conflitos comerciais rexionais.
Dende a creación da Comunidade do Caribe, o inglés é o idioma oficial da organización. A CARICOM converteuse en plurilingüe na práctica coa adición de Suriname, de fala neerlandesa, o 4 de xullo de 1995, e Haití, onde se falan francés e crioulo haitiano, o 2 de xullo de 2002.
O 5 de xullo de 2001 en Nassau, Bahamas, os Xefes de Goberno asinaron o Tratado Revisado de Chaguaramas na súa Viséxima Segunda Reunión da Conferencia, preparando así o camiño para a transformación do Mercado Común da CARICOM no Mercado e Economía Única da CARICOM. Parte do tratado revisado entre os estados membros inclúe o establecemento e a aplicación da Corte de Xustiza do Caribe.
A Comunidade do Caribe, que orixinalmente se chamou Comunidade do Caribe e Mercado Común, foi establecida polo Tratado de Chaguaramas, que entrou en vigor o 1 de agosto de 1973. Os catro primeiros signatarios foron Barbados, Xamaica, Güiana e Trinidad e Tobago. A CARICOM substituíu a Asociación de Libre Comercio do Caribe (CARIFTA) en funcionamento entre 1965 e 1972, que fora organizada para proporcionar un enlace económico continuo entre os países de fala inglesa do Caribe tras a disolución da Federación das Indias Occidentais, en funcionamento dende o 3 de xaneiro de 1958 ao 31 de maio de 1962.
Os obxectivos da CARICOM son:
Os órganos principais son asistidos por 4 consellos, 3 comisións e unha secretaría que constitúe o principal órgano administrativo.
Algunhas institucións foron creadas de iure baixo os auspicios da comunidade, como é o caso do Instituto Meteorolóxico e Hidrolóxico do Caribe (CIMH, polas súas siglas en inglés), a Organización Meteorolóxica do Caribe (CMO, polas súas siglas en inglés), o Instituto de Investigación e Desenvolvemento Agrícola do Caribe (CARDI, polas súas siglas en inglés), a Organización Caribeña de Administradores de Impostos (COTA, polas súas siglas en inglés) e o Instituto para a Alimentación e a Nutrición do Caribe (CFNI, polas súas siglas en inglés). Outras institucións asociáronse formalmente coa Comunidade: o Banco de Desenvolvemento do Caribe (CDB, polas súas siglas en inglés), a Universidade de Güiana, a Universidade das Indias Occidentais e a Organización de Estados do Caribe Oriental (OECS, polas súas siglas en inglés).
Os membros plenos na actualidade son:
Os membros asociados son:
Aínda que a lingua inglesa é oficial na maioría dos seus membros, en 2003 a Comunidade do Caribe acordou facer do castelán o seu segundo idioma oficial e recoñeceu a necesidade de popularizalo na rexión, para o que solicitou a axuda de Cuba e da Organización de Estados Americanos. Segundo declarou o 9 de outubro dese ano a súa subsecretaria xeral, Lolita Applewhaite, os xefes de estado da comunidade tomaron esa decisión para axudar a reducir as distancias culturais e de comunicación que a separan dos seus veciños latinoamericanos.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.