estudo das relacións entre dous ou máis actores internacionais (estatais ou non) From Wikipedia, the free encyclopedia
As relacións internacionais son unha rama da ciencia política.[1] Os temas de estudo predominantes son a política, a economía e o dereito a nivel mundial. Representa o estudo de asuntos exteriores e cuestións globais entre os Estados-nación ou países dentro do sistema internacional, incluíndo os roles dos Estados, a diplomacia, as organizacións internacionais (OIG), as organizacións non gobernamentais (ONG) e as corporacións multinacionais (MNC).
As Nacións Unidas (ONU) son unha organización internacional que se describe como unha "asociación global de gobernos que facilita a cooperación en materia de dereito internacional, seguridade internacional, desenvolvemento económico e equidade social"; É a institución internacional máis destacada. Moitas das institucións xurídicas seguen a mesma estrutura organizativa que a ONU.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.