Rodrigo Sanz
político e investigador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
político e investigador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Rodrigo Sanz López, nado en Ferrol o 29 de decembro de 1872 e finado en Santiago de Compostela o 26 de agosto de 1939, foi un político e investigador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1872 Ferrol, España |
Morte | 26 de agosto de 1939 (66 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de |
Impulsor do Ateneo Ferrolano e Solidaridad Gallega. Na Coruña contribuíu á creación da Universidad Popular e desde Solidaridad Gallega promoveu as Asembleas Agrarias de Monforte. Foi presidente do Partido Regionalista Gallego e un dos iniciadores das Irmandades da Fala, chegando a ser elixido como líder das Irmandades o 3 de marzo de 1918, non obstante as tensións entre rexionalistas e nacionalistas fixeron que a primeiros de abril deixase a organización e fundase un efémero Zentro Rexionalista [1]. Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado presidente da Unión Patriótica de Ferrol e alcalde honorario da cidade. Dende 1931 presidiu o Secretariado de Galicia en Madrid. Participou na redacción do Estatuto de Galicia.
Editou varios xornais como Solidarismo Gallego –onde escribiu diversos artigos na sección Luchando– e El Kardeciano, en homenaxe ao escritor Allan Kardec. Colaborou tamén en Ecos del Eume, Estudios Gallegos, A Nosa Terra e Prácticas Modernas. Como membro do Secretariado de Galicia, de Madrid, colaborou na redacción dunhas Bases para un proyecto de Estatuto de Galicia que se presentaron na Asemblea da Coruña celebrada en xuño de 1931 co obxectivo de aprobar un Estatuto de Autonomía para Galicia; este texto non foi tomado en consideración pola Asemblea.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.