Estudios Gallegos
revista española From Wikipedia, the free encyclopedia
Estudios Gallegos foi unha revista editada en Madrid entre 1915 e 1916.
Estudios Gallegos | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lugar | Madrid |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1915 |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
Subtitulada Revista quincenal de Lenguaje, Finanza, Turismo publicada por Aurelio Ribalta, apareceu o 15 de febreiro de 1915. A revista tiña na portada un debuxo de Castelao e entre os seus colaboradores figuraron Eugenio López Aydillo, Luís Porteiro Garea e Rodrigo Sanz. Publicaba en galego as seccións "Poetas de onte" e "Poetas de hoxe", os relatos breves de Xan d'Outeiro e nas páxinas costumistas de Penecho Fontenla.

Publicou o entremés "Los gallegos" do século XVII, achegado por Salvador Cabeza de León, e o texto en prosa "A campana fala", do escritor catalán Miquel Ventura i Balanyà. A sección titulada "Finanzas" contiña traballos de socioeconomía (tributos, caciquismo, minería, millo...), na que aparecía con frecuencia o tema dos ferrocarrís galegos. O último número coñecido é o 22, que corresponde ao 22 de decembro de 1916.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.