lugar da parroquia de Frades, no concello da Estrada From Wikipedia, the free encyclopedia
Requián é un lugar da parroquia de Frades no concello pontevedrés da Estrada na Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Tiña 29 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 14 eran homes e 15 mulleres.
Requián | |
---|---|
Parroquia | Frades |
Concello | A Estrada |
Coordenadas | 42°41′25″N 8°35′29″O |
Poboación | 29 hab. (2012) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita con Cuntis, outras parroquias da Estrada, Valga e Pontecesures. Antigamente era un lugar de paso cara a Caldas de Reis, Pontecesures, A Estrada e Santiago de Compostela.
A capela de Requián comezou a construírse en 1744 por un párroco da zona, coa idea de que os comerciantes, peregrinos, e a propia veciñanza tivese un sitio de oración. En 1748 foi consagrada. A súa primeira imaxe foi a Virxe da Piedade, de pedra, que aínda segue na capela. Máis adiante pasou a adorarse a Virxe dos Milagres, figura de madeira.
Celébrase a romaría da Virxe dos Milagres o 28 de agosto, con novena e procesión.
Lugares da parroquia de Frades no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Casalpaio | Chaín | Frades | Requián | Subión | O Vilar | Vilariño |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.