Remove ads
parroquia civil do concello da Estrada From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xiao de Arnois é unha parroquia situada no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 389 habitantes (187 mulleres e 202 homes), o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 592 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 218 persoas.
Arnois | |
---|---|
Igrexa de San Xiao de Arnois. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°45′51″N 8°24′25″O |
Poboación | 389 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita ao norte coa parroquia de San Miguel de Castro (separada polo regato de Eileixido), ao sur con Riobó e Berres (separadas polo río Boo), ao leste Oca (co regato da Grela por medio) e ao oeste o río Ulla.
Dista da Estrada uns 13 km. Pasan por Arnois a estrada N-525 (Santiago a Ourense) e a provincial de Callobre á Ponte Ledesma. As demais vías consisten en camiños veciñais e as pontes Ulla e Eileixido.
O topónimo Arnois, ao igual que outros como Arnoia, Arnela ou Arnego, poderían proceder da raíz preindoeuropea *arn, que viría indicando a situación da poboación nun val ou depresión[2].
Lugares da parroquia de Arnois no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Os Bieites | O Bruñido | A Cacharela | A Calzada | O Carballal | A Carballeira | O Cercido | A Costa | Os Golmados | A Granxa | Moimenta | A Quenlla | O Regueiro | A Reigada | Riamonde | Ribadulla | San Xiao | Os Tiguillois | Valboa | A Veiga |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.