Remove ads
parroquia civil do concello da Estrada From Wikipedia, the free encyclopedia
San Miguel de Castro é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2022 tiña 254 habitantes (125 mulleres e 129 homes).[2] Limita coas parroquias veciñas de Arnois e Oca, tamén limita con Santa Baia de Cira (Silleda). A parroquia posúe 13 núcleos de poboación.
San Miguel de Castro | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Castro | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°46′52″N 8°22′43″O |
Poboación | 254 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
É de orixe románica, xa que se sabe que estaba en pé antes do 1115. Daquela época consérvase a planta rectangular, o arco triunfal e a ábasida rectangular, na que se sabe que, debaixo de grosas capas de cal, se atopan pinturas románicas[Cómpre referencia]. Nesta igrexa exíste o culto a san Miguel (o patrón), san Roque e A Nosa señora do Perpetuo Socorrro. Ademais na igrexa existen tallas de santos como san Xosé ou á Inmaculada Concepción de María.
A igrexa atópase no lugar de San Miguel, que recibe o nome do patrón. O via crucis da igrexa está rodeado do vello cemiterio, máis tarde engadíronse outros dous.
Antigamente localizada no lugar da Alberguería, e chamada capela de Santiago, foi un albergue de peregrinos. Máis tarde transladouse ao lugar do Seixo onde está situada actualmente. Nela dáse culto a santo Alberte, A Nosa Señora das Angustias e a san Franco.
No lugar de Castro érguese un monte de case 300 metros de altura onde antigamente estivo localizado un castro. Non se conservan restos, pero é un dos mellores miradoiros da comarca, coas vistas do Pico Sacro e do val do Ulla.
Esta parroquia está atravesada por cinco regueiros principais, os cales contan con numerosos muíños como o de Louzao ou o de Reimóndez.
Tamén chamado Vía da Prata, provén do suroeste do país e entra á parroquia polo lugar da Carballeira, atravesando os lugares de Prado, o Seixo, Castro, e saíndo por Gundián, que xa pertence á Ulla, para encamiñarse a cruzar o río Ulla.
Situada no lugar de Prado, atópase unha hórrea (unha das únicas da bisbarra).
San Miguel de Castro está atravesada por unha cadea montañosa, derivada do Pico Sacro, con principais cumios o Couto de Castro (287 m), a 172 m unha pequena elevación onde a igrexa parroquial, e a serra da Bugalleira, con tres picos principais de 275, 268 e 273 metros de altitude. Tamén está no centro da parroquia, o monte maior con 317 m.
Os principais puntos de encontro que hai na parroquia están no lugar do Seixo, onde se atopa o campo da festa cun pequeno palco, e inmediata a antiga escola, e o teleclub, unha pista de petanca e un parque. Tamén existe un campo de fútbol. Así como a antiga casa reitoral onde a igrexa.
Lugares da parroquia de San Miguel de Castro no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Adoufe | A Alberguería | A Burata | A Carballeira | Castro | Costenla | A Cova | Lagos | Ponte | Prado | San Miguel | O Seixo | A Silva |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.