escultor e deseñador de moedas finlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
Raimo Heino, nado en Helsinqui o 13 de setembro de 1932 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1995, foi un escultor e deseñador de moedas finlandés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de setembro de 1932 Helsinqui, Finlandia |
Morte | 30 de novembro de 1995 (63 anos) Helsinqui, Finlandia |
Actividade | |
Ocupación | escultor, fotógrafo, deseñador, artista visual |
Premios | |
Raimo Heino cursou estudos artísticos na Escola Libre de Arte entre 1953 e 1956, na escola da Academia Finlandesea de Belas Artes entre 1954 e 1957,[1] e no Instituto Finlandés de Arte e Deseño entre 1962 e 1963.[2][3] En 1963 habilitouse como profesor de Debuxo na Escola Industrial de Arte.[1]
Heino exerceu tamén a docencia no ensino secundario (1960-1968), na escola da Academia Finlandesa de Belas Artes (1969-1971) e na Universidade Tecnolóxica de Tampere.[2]
A disciplina na que máis sobresaíu Heino foi a medallística, e tamén cultivou a escultura en miniatura. Á súa autoría débenselle 216 medallas, creadas cun estilo moi persoal, entre o realismo e o humorismo.[1]
Tamén é autor de traballos escultóricos en exteriores e algúns relevos en bronce en edificios públicos.[1]
No ámbito da moeda, Heino foi elixido polo Banco de Finlandia e pola Casa da Moeda de Finlandia para deseñar o anverso nacional da moeda de dous euros, que comezou a cuñarse en 1999. O seu deseño desta moeda caracterízase por dúas bagas con flores da coñecida como "amora ártica", característica do norte de Finlandia.[4]
Heino participou coa súa obra en exposicións internacionais nas cidades de Rostock (1967), Talín (1968), Budapest (1978), Varsovia (1979), Viena (1971), Estocolmo (1976), Odesa (1979), e Leningrado, Moscova, Riga e Berlín (1985).[2]
Heino foi un dos fundadores en 1965 do Gremio da Medalla de Arte de Finlandia, e tamén presidiu a Comisión Estatal de Artes Visuais (1977-1979), o Gremio de Artistas de Finlandia (1970-1972 e 1974-1977) e a Unión de Escultores (1973-1974).[1]
Entre os recoñecementos á súa traxectoria máis salientables están a Orde das Artes e das Letras de Francia, en 1983, e a Medalla Pro Finlandia en 1985.[2]
Raimo Eino era fillo de Aune Ellen Hellqvist e de Paavo Johannes Heino. En 1957 casou coa pintora Marja Kuoppamäki.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.