Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rafael Gasset Chinchilla, nado en Madrid o 23 de setembro de 1866 e finado na mesma cidade o 11 de abril de 1927, foi un avogado, xornalista e político español.
Fillo de Eduardo Gasset Artime, iniciou a súa carreira política como membro do Partido Conservador obtendo un escano por Cuba nas eleccións de 1891. Nos sucesivos procesos electorais foi elixido deputado polos distritos da Estrada (1893-1896), Noia (1893-1910) e Vigo (1923). Nesta etapa como conservador foi ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en dúas ocasións, sendo o primeiro ministro de Agricultura do estado. Partidario do rexeneracionismo, desenvolveu campañas en prol do desenvolvemento económico, especialmente agrícola, do país. A el débense as leis de sindicatos agrícolas (1906) e de obras públicas (1911).
En 1905 abandonou o Partido Conservador, pasando a militar no Partido Liberal co que seguiu sendo elixido deputado ata 1923 polas circunscricións da Coruña, Cidade Real e Pontevedra. Como Liberal foi elixido ministro de Fomento en sete ocasións.
Sucedeu ao seu pai na dirección de El Imparcial desde 1884, actuando tamén como correspondente en Cuba. O seu fillo Ricardo Gasset Alzugaray fixo carreira política baixo a súa dirección e tamén foi director de El Imparcial.
Casou con María Alzugaray Lapeye, filla do político Ricardo Alzugaray Yanguas[1].
Predecesor: Alejandro Pidal y Mon Francisco Javier González de Castejón y Elío |
ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas 18 de abril a 23 de outubro de 1900 20 de xullo a 15 de decembro de 1903 |
Sucesor: Joaquín Sánchez de Toca Manuel Allendesalazar Muñoz |
Predecesor: Álvaro de Figueroa y Torres Augusto González Besada Mein Fermín Calbetón y Blanchón Miguel Villanueva y Gómez Amós Salvador Rodrigáñez Luis Rodríguez de Viguri |
Ministro de Fomento 1 de decembro de 1905 - 6 de xullo de 1906 30 de novembro - 4 de decembro de 1906 21 de outubro de 1909 - 9 de febreiro de 1910 2 de xaneiro de 1911 - 12 de marzo de 1912 24 de maio - 27 de outubro de 1913 30 de abril de 1916 - 19 de abril de 1917 7 de decembro de 1922 - 3 de setembro de 1923 |
Sucesor: Francisco de Federico Martínez Fermín Calbetón y Blanchón Miguel Villanueva y Gómez Francisco Javier Ugarte Pagés Martín Rosales Martel Luis de Armiñán Pérez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.