Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Javier González de Castejón y Elío (Pamplona, 25 de maio de 1848–Madrid, 25 de novembro de 1919) —tamén coñecido como o marqués de Vadillo—, foi un avogado e político español, ministro de Graza e Xustiza durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, carteira que ocuparía de novo, xunto ás de ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas e ministro da Gobernación durante o reinado de Afonso XIII. Tamén foi director xeral do Contencioso do Estado, antecesor do actual Avogado Xeral.
Naceu o 25 de maio de 1848 en Pamplona.[1] Foi catedrático de dereito natural na Universidade Central de Madrid. Membro da Unión Católica e do Partido Conservador, iniciou a súa carreira política como deputado por Navarra nas eleccións de 1879, sendo reelixido sucesivamente até 1914, renunciando en 1915 ao ser nomeado senador vitalicio.[2]
Ministro de Graza e Xustiza entre o 18 de abril de 1900 e o 6 de marzo de 1901[3] nos dous sucesivos gobernos que presidiron Silvela e Azcárraga, posto que ocupou de novo entre o 27 de outubro de 1913 e o 7 de setembro de 1914[3] nun goberno Dato; foi tamén ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en dúas ocasións: entre o 6 de decembro de 1902 e o 20 de xullo de 1903[3] nun gabinete presidido por Silvela, e entre o 27 de xaneiro e o 23 de xuño de 1905[3] no goberno encabezado por Fernández Villaverde. Foi ministro da Gobernación no gabinete que, entre o 16 de decembro de 1904 e o 27 de xaneiro de 1905,[3] presidiu Azcárraga.
Foi membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e da Academia de Ciencias Morais e Políticas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.