avogado, xornalista e político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Ricardo Gasset Alzugaray, nado en Madrid en 1894 e finado na mesma cidade o 22 de xullo de 1966, foi un avogado, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 Madrid, España |
Morte | 22 de xullo de 1966 (71/72 anos) Madrid, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Unión Republicana 26 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Gobernador civil da provincia da Coruña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | escritor , político , avogado , xornalista |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Rafael Gasset Chinchilla |
Fillo de Rafael Gasset Chinchilla, estudou Dereito na Universidade Central. Foi socio activo do Ateneo de Madrid e presentouse a secretario da Universidade. Militou inicialmente no Partido Liberal co que foi elixido deputado polo distrito de Almagro (Cidade Real) nas eleccións de 1916, de Noia nas eleccións de 1918, 1919, 1920 e 1923 como liberal agrario do grupo do seu pai. Durante un tempo tamén dirixiu o xornal El Imparcial.
Partidario da República e militante do Partido Republicano Radical, foi nomeado gobernador civil da Coruña en 1933. En 1934 ingresou en Unión Republicana, sendo elixido deputado pola provincia de Lugo nas eleccións xerais de 1936. A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno no Incio, pero conseguiu fuxir á zona republicana, e exerceu de subsecretario no Ministerio de Comunicacións. Ao caer Cataluña en 1939 logrou escapar e exiliouse en Montauban (Francia), onde acolleu os últimos días de Manuel Azaña, e despois en Tolosa uns anos, nos que financiou, editou e dirixiu os 193 números do semanario e logo bimensual L'Espagne Republicaine en Tolosa e París entre o 30 de xuño de 1945 e o 2 de maio de 1949, ano en que regresou a España.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.