Pulmón
órgano principal da respiración en humanos e en moitos outros animais From Wikipedia, the free encyclopedia
órgano principal da respiración en humanos e en moitos outros animais From Wikipedia, the free encyclopedia
Os pulmóns, chamados popularmente liviáns,[1] son os órganos principais da respiración en humanos e en moitos outros animais incluíndo uns poucos peixes e algúns coscos. Nos mamíferos e na meirande parte dos vertebrados, os dous pulmóns atópanse preto da columna vertebral en ambos lados do corazón. As súas funcións no aparello respiratorio son a de extraer osíxeno da atmosfera e transferilo ao aparello circulatorio, e de expulsar dióxido de carbono do aparello circulatorio á atmosfera, nun proceso de hematose. A respiración é impulsada por diferentes sistemas musculares nas diferentes especies. Os mamíferos, réptiles e aves empregan os seus aparellos locomotores no proceso de respiración. Nos primeiros tetrápodos, o ar é conducido aos pulmóns mediante os músculos farínxeos a través do bombeo bucal, un mecanismo que aínda manteñen os anfibios. Nos humanos, o principal músculo que guía o ar é o diafragma. Os pulmóns proporcionan un fluxo de ar que fai que os sons vocais, incluíndo a fala, sexan posíbeis.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
Pulmón humano | |
---|---|
Vista frontal dos pulmóns (cortados) | |
Latín | pulmo |
Gray's | pág.1093 |
Sistema | Aparello respiratorio |
Arteria | Arteria pulmonar |
Vea | Vea pulmonar |
MeSH | Lung |
Os humanos teñen dous pulmóns, un dereito e outro esquerdo. Atópanse entre a cavidade torácica e o tórax. O pulmón dereito é máis grande có esquerdo, que comparte espazo no tórax co corazón. Os dous pulmóns xuntos pesar arredor de 1,3 quilogramos, e o dereito é máis pesado. Os pulmóns forman parte das vías aéreas inferiores que comezan na traquea e ramifícanse en bronquios e bronquíolos que reciben o ar respirado pola zona condutora. Estes divídense ata chegar a alvéolos microscópicos, onde o proceso de hematose ten lugar. Xuntos, os pulmóns conteñen aproximadamente 2 400 quilómetros de vías respiratorios e 300 a 500 millóns de alvéolos. Os pulmóns están encerrados dentro dunha bolsa chamada pleura que permite que as paredes interiores e exteriores se escorreguen unha sobre a outra sen demasiada fricción. Este saco encerra cada pulmón e tamén divide cada un deles en seccións chamadas lobos. O pulmón dereito ten tres lobos e o esquerdo dous. Os lobos divídense en segmentos broncopulmonares e en lóbulos. Os pulmóns teñen unha subministración de sangue única, recibindo sangue desosixenado enviado dende o corazón cos propósitos de recibir osíxeno (a circulación pulmonar) e de separar a subministración de sangue osixenado (a circulación bronquial).
O tecido pulmonar pode verse afectado por numerosas doenzas, incluíndo a pneumonía e o cancro de pulmón. Doenzas crónicas como a doenza pulmonar obstrutiva crónica e a enfisema poden estar relacionadas con fumar ou coa exposición a substancias daniñas. Enfermidades como a bronquite tamén poden afectar a vía aérea.
No desenvolvemento embrional, os pulmóns comezan a se desenvolver como unha evaxinación do intestino anterior, un tubo que vai formar a parte superior do aparello dixestivo. Cando se forman os pulmóns o feto frota no líquido amniótico, polo que non funcionan para respirar. O sangue tamén desvíase dos pulmóns a través do conduto arterioso. Ao nacer, porén, o ar empeza a pasar polos pulmóns e o conduto de distracción péchase, de modo que os pulmóns comezan a respirar. Os pulmóns só se desenvolven plenamente na primeira infancia.
Os termos médicos relacionados co pulmón comezan con pulmo-, do latín pulmonarius 'dos pulmóns' como en pulmonía, ou con pneumo- (do grego πνεύμων 'pulmón') como en pneumonía.
Dende o punto de vista embriolóxico, o pulmón nace do intestino anterior, a partir da endoderma. Nas primeiras semanas de vida fórmase unha pequena xema a partir da cal se xera toda a árbore traqueobronquial. A xema rodéase dun estroma que dará orixe ás estruturas de sostén. Así mesmo derivará nunha cavidade que formará as pleuras.
Os pulmóns están cubertos por unha membrana chamada pleura e están separados o un do outro polo mediastino.
O pulmón dereito está dividido en tres partes, chamadas lobos. O pulmón esquerdo ten dous lobos.
Teñen ó redor de 300 millóns de alvéolos, que dan unha superficie total de ó redor de 140 m² en adultos (aprox. a superficie dunha pista de tenis). A capacidade pulmonar depende da idade, peso e sexo, pero está no rango entre 4.000-6.000 cm³; as mulleres acostuman ter unha capacidade pulmonar ó redor do 20-25 % menor.
A función dos pulmóns é realizar o intercambio gasoso co sangue, por iso os alvéolos están en estreito contacto con capilares. Nos alvéolos prodúcese o paso de osíxeno dende o aire ó sangue e o paso de dióxido de carbono dende o sangue ó aire. Este paso dáse pola diferenza de presións parciais de osíxeno e dióxido de carbono entre o sangre e os alvéolos
Os diferentes niveis de percusión nun paciente con enfermidade das vías respiratorias baixas mostran o estado de patoloxía do paciente:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.