Remove ads
parroquia civil do concello de Guitiriz From Wikipedia, the free encyclopedia
San Mamede de Pedrafita é unha parroquia de Guitiriz pertencente ó arciprestado de Parga. O seu nome vén do latín petra fictus, que significa pedra cravada.
Pedrafita | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Pedrafita. | |
Concello | Guitiriz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°08′07″N 7°45′59″O |
Área | 13,7 km² |
Poboación | 141 hab. (2020) |
Densidade | 10,29 hab./km² |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Segundo o IGE en 2012 tiña 152 habitantes dos cales eran 82 homes e 70 mulleres censados en 14 grupos de poboación. En 1991 eran 215 as persoas censadas cunha densidade media de 15,7 hab/km². Esta parroquia prestou tres quendas na presentación do beneficio parroquial: á casa de Friol, á casa de Miraz e á casa de Trasmonte.
Está situada a uns 30 quilómetros ao oeste da cidade de Lugo. Ten unha superficie de 13,7 km². Limita ao norte coa parroquia de Bóveda, ao sur con Santalla de Pena (Begonte) e Trasmonte (Friol), ao leste co Castro e San Vicente de Pena (Begonte), e ao oeste con San Breixo e Santa Locaia de Parga.
Pola parroquia pasa o río Ameneiro.
O tamaño medio da explotación de vacún no ano 1993 foi de 7,07 cabezas por explotación. O número de cabezas por km² no ano 1993 foi de 21,68. Conta con 464 hectáreas de monte comunal propiedade dos veciños de Pedrafita.[2]
O número de vivendas familiares no ano 1991 foi de 75 (69 vivendas principais, 3 secundarias e 3 deshabitadas).
No pasado as Minas do Medo e a Mina de Pena da Moura formaban parte da parroquia de Pedrafita. Na súa primeira época, o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes explotaba o ferro extraído destas minas. Posteriormente manufacturábase na ferraría da granxa Constantín, construída polos monxes cistercienses na Graña (Begonte).[3][4][5] Este ferro forxábase para a fabricación de ferramentas tanto para uso propio do mosteiro como para os campesiños.[6]
Na parroquia hai restos da cultura megalítica, como as seguintes medorras:
A igrexa parroquial está sita no lugar (ou barrio) dos Corredoiros. É un edificio de estilo románico tardío[10][9], que incluíndo o seu cemiterio abrangue 780 m².
Séculos atrás foi unha ermida adicada a San Bartolomeu, pasando a converterse no templo parroquial. Para iso, construíuse unha capela rectangular maior e reconstruíuse a fachada con cachotería de gran sinxeleza. Unha porta alintelada, unha xanela cuadrangular, e no cumio unha cruz como única ornamentación do templo. Os canteiros encargados desta reconstrución concluíron que a fachada non sería quen de soportar o peso do campanario, polo que quedou sito nunha torreciña no lado contrario da estrada, a 35 metros de distancia da igrexa.[9]
No interior atópase un retablo maior do século XVII coas figuras de san Mamede, san Ramón Nonato e A Nosa Señora do Rosario do século XVIII. A pía bautismal de granito conta cun adorno dun serafín na barriga do século XVII. Conserva de orixe seis canzorros de trazado xeométrico, seis medallóns esculpidos no soporte de vigas na ábsida e o arco interior da porta lateral.
Anos atrás había un cruceiro diante da igrexa parroquial que foi roubado cando se construíu a actual estrada. En decembro de 2007 o concello de Guitiriz doou á parroquia un cruceiro novo, que se situou diante da porta principal da igrexa.
En Rego do Ameneiro hai unha capela de propiedade particular que conta cun retablo popular renacentista do século XVIII[8]. De construción rectangular, conta cun cuberto no frontal. Trátase dunha construción sinxela sen cruz nin campanario, o teito é de lousa e o interior de madeira con trabes vistas. Nela atópanse unha figura da Virxe do Carme e dúas figuras máis pequenas de Antonio de Padua e san Ramón nonato[9]. Esta capela formaba parte da Casa de Montenegro, no século XVIII chamada Casa de Rego do Ameneiro.[11]
Na parroquia abundan as fontes, como as seguintes:
As festas patronais son na honra a San Roque. Celébranse anualmente a segunda fin de semana do mes de agosto[12][8]. A súa duración é dunha fin de semana. Nelas hai actuacións musicais[13], misas polo patrón San Roque e fogos pirotécnicos[14][13].
Ata os anos 90 os sábados e domingos de festa había competicións deportivas en forma de partidos de fútbol[14], tanto contra equipos doutras parroquias como entre solteiros e casados da propia parroquia. Como campo de xogo usábase algún prado apto que cedía algún veciño para o evento. Na actualidade xa non se compite con equipos doutras parroquias, e debido á pouca xente nova que queda na parroquia os partidos xa non son solteiros contra casados, senón que son mesturados.
Lugares da parroquia de Pedrafita no concello de Guitiriz (Lugo) | |
---|---|
O Abeledo | Cabanarril | O Carballedo | Os Corredoiros | Lavandeira | O Navallo | O Outeiro | A Pena dos Diñeiros | Penas de Gulfe | O Pereiro | Rego do Ameneiro | Romariz | Tomboliño | Vieiro | Ximarás |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.