Remove ads
parroquia civil do concello de Guitiriz From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Labrada é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz na comarca da Terra Chá, a uns 14,3 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 287 habitantes (149 mulleres e 138 homes) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 314 habitantes.
Labrada | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Guitiriz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°18′15″N 7°53′34″O |
Poboación | 244 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 39[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1919 anexou os lugares de Estremil, Galiñeiro, A Granxa, O Prado Vello, O Rodeiro, Saa e O Toxiño, pertencentes á contigua parroquia do Buriz.[2]
No interior da igrexa parroquial atópanse diversas pinturas murais góticas, datadas en torno ós séculos XV ou XVI. Os frescos estaban cubertos por cal (seguindo unha práctica profiláctica habitual na época contra a peste e outras enfermidades contaxiosas) e foron descubertos na década de 1990, cando os veciños decidiron retirar o encalado polo seu mal estado.
As pinturas distribúense en ámbalas paredes da igrexa, pero faltan na cabeceira, que foi engadida con posterioridade. Están nun estado de conservación variable, como consecuencia do paso do tempo, as humidades da igrexa e mesmo pola abertura de dúas ventás na parede que destruíron parte das figuras. Desde o seu descubrimento non foron obxecto de ningún traballo de conservación ou consolidación.
Na parede norte pódense ver as seguintes figuras:
Na parede sur:
A escena do inferno é a máis complexa. Está representado por sete demos negros que están "cociñando" sete almas pecadoras nunha gran pota. Os sete condenados toman forma de muller e poden representar os sete pecados capitais. A maiores, outras sete almas esperan ser sometidas á tortura (mais outra que semella ser un neno); estas sete almas, cinco mulleres e dous homes, tamén están núas a excepción dun bispo e unha muller provista dun tocado. A presenza destas dúas últimas figuras, tamén común na representación do purgatorio dos petos de ánimas, indicaba ós fieis que nin o clero nin a nobreza estaban libres de pecar e ser condenados.
Lugares da parroquia de Labrada no concello de Guitiriz (Lugo) | |
---|---|
Os Aboares | As Ameixeiras | A Balsa | Bañobre | O Bernaldo | O Cal | Os Carballiños | O Carballo | A Carreira | Os Castelos | O Castro | Cece | O Codeso | Estremil | Galiñeiro | A Gandarela | Gatelle | A Granxa Vella | Margá | Muxín | A Paderna | A Pena | As Penas | O Prado Vello | O Pumariño | A Puza | O Regueiro | O Rodeiro | Saa | San Cristovo | San Mateo | Sinde | A Tarañeira | A Torre de Labrada | As Toxeiras | O Toxiño | Vacoira | Os Xiros | Xove Novo | Xove Vello | Xunto á Igrexa |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.