From Wikipedia, the free encyclopedia
Paul Hinder, nado o 22 de abril de 1942 en Bussnang (Suíza), é un eclesiástico católico latino suízo, actual vigairo apostólico de Arabia meridional dende 2005.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1942 (82 anos) Lanterswil, Suíza (en) |
Q61732630 | |
31 de maio de 2011 – Diocese: Vicariato Apostólico da Arábia Meridional (pt) | |
Bispo auxiliar | |
12 de decembro de 2003 – Diocese: Vicariate Apostolic of Arabia (en) | |
Bispo titular | |
2003 – Diocese: Macon (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Múnic |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2003–), sacerdote católico (1967–) |
Membro de | |
Orde relixiosa | Orde dos Frades Menores Capuchinos |
Consagración | Crescenzio Sepe |
Paul Hinder naceu o 22 de abril de 1942 en Lanterswil, unha vila dende 1996 parte do concello de Bussnang, na diocese de Basilea, en Suíza.[1] O 18 de setembro de 1966 profesou como relixioso capuchino, e o 4 de xullo de 1967 foi ordenado sacerdote.[1]
O 12 de decembro de 2003 foi nomeado bispo auxiliar da vigairía apostólica de Arabia e bispo titular de Macon.[1] Recibiu a consagración episcopal o 30 de xaneiro de 2004 de mans do cardeal Crescenzio Sepe, prefecto da Congregación para a Evanxelización dos Pobos, e tivo como co-consagradores principais ao nuncio Giuseppe De Andrea e ao vigairo apostólico de Arabia Giovanni Bernardo Gremoli.[1][2]
O 21 de marzo de 2005 foi nomeado vigairo apostólico de Arabia, dende 2011 vigairía apostólica de Arabia meridional.
O 13 de maio de 2020 foi nomeado por Francisco administrador apostólico da vigairía apostólica de Arabia setentrional, logo do pasamento de Camilo Ballin.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.