Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Paris Saint-Germain Football Club, máis coñecido como PSG, é un club de fútbol francés, da cidade de París. Foi fundado en 1970 e xoga na Ligue 1 francesa.
Paris Saint-Germain | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Paris Saint-Germain Football Club | |||
Alcume(s) | PSG | |||
Fundación | 10 de xuño de 1970 (54 anos) | |||
Estadio | Parc des Princes, París, Francia | |||
Inauguración | 1897 (renovado en 1972 e 2012-2016) | |||
Capacidade | 48.712 | |||
Propietario | Qatar Investment Authority | |||
Presidente | Nasser Al-Khelaifi | |||
Adestrador | Luis Enrique | |||
Liga | Ligue 1 | |||
2020–21 | 2º | |||
Vestimenta | Nike | |||
Na rede | ||||
http://www.psg.fr/ | ||||
| ||||
Estivo presente en Primeira División desde 1974, e obtivo no seu palmarés dous títulos de Liga, oito Copas de Francia, tres Copas de Liga e unha Recopa de Europa.
En 1970 o equipo refúndase, xa que o antigo club, o Stade Saint-Germain fundado en 1904, desapareceu. O novo equipo chámase Paris FC, e un ano máis tarde debuta na Ligue 1 francesa. Máis adiante o equipo cámbiase o nome polo de Paris Saint-Germain Football Club. O club volveu ascender á Ligue 1, categoría na que permaneceu desde entón.
O equipo gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia en 1982, e en 1986 consegue o seu primeiro título de Liga.
En 1996 o club consegue o seu primeiro título internacional, a Recopa de Europa, 5 anos despois, o PSG consegue levantar a súa segunda coroa europea, a Copa Intertoto, nunha emocionante final, na que tras empatar 0-0 na ida, logrou marcar un gol na visita ao Brescia italiano, que ao final terminou en empate, dándolle ao PSG o seu segundo título europeo, pola diferenza de goles fóra de casa.
As súas últimas tempadas na Liga foron bastante pobres e decepcionantes. Na tempada 2006-07 estivo a piques de descender á Ligue 2, pero grazas a unha importante remontada nas últimas datas finalizou no posto 15 salvando a categoría. Na tempada seguinte tamén estivo ao bordo de perder a categoría, pero se recuperou nos 4 últimos partidos sacando 2 vitorias e 2 empates e finalizando 16º. Unha loita na cal outros 2 equipos estiveron involucrados por non obter a terceira cota á Ligue 2 (18ª posición), Toulouse e Lens, este último terminaría descendendo.
O PSG xoga como local desde xullo de 1974 no estadio Parc des Princes, inaugurado o 18 de xullo de 1897. Antigamente había un velódromo no seu interior. O estadio actual foi inaugurado en 1972. O arquitecto que o deseñou foi Roger Taillibert e na actualidade conta cunha capacidade de 48.712 persoas.
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.