Remove ads
club francés de balonmán From Wikipedia, the free encyclopedia
O Paris Saint-Germain Handball tamén denominado PSG é un equipo de balonmán da cidade de París, capital de Francia. Actualmente o PSG Handball compite na LNH Division 1, máxima categoría do balonmán en Francia e que gañou en 2 ocasións. O equipo xoga os seus partidos como local no Stade Pierre de Coubertin que conta cunha capacidade para 4.016 persoas. Nos partidos de Liga de Campións a sección de balonmán do Paris Saint-Germain disputa os seus encontros no Halle Georges Carpentier que ten unha capacidade para 4.272 espectadores.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
PSG Handball | |||
---|---|---|---|
Nome completo | Paris Saint-Germain Handball | ||
Cidade | París, Francia | ||
Historia | 1941 | ||
Fundado | 1941 | ||
Pavillón | Stade Pierre de Coubertin (4.016) Halle Georges Carpentier (4.272) | ||
Presidente | Nasser Al-Khelaifi | ||
Adestrador | Zvonimir Serdarušić | ||
Competición | LNH Division 1 EHF Champions League | ||
Títulos | |||
LNH Division 1 | 2 (2013, 2015) | ||
LNH Division 2 | 2 (1990, 2010) | ||
Coupe de France | 2 (2007, 2014) | ||
Trophée des champions | 2 (2014, 2015) | ||
Cores | Azul e branco | ||
Na rede | |||
https://www.psg.fr/equipes/handball/actualite | |||
Sitio web Sitio web oficial |
No 4 de xuño do 2012, o Qatar Investment Authority converteuse no novo propietario do club ao lograr a posesión do 100% das accións facendo o Paris Saint-Germain unha franquía deportiva. Unha semana máis tarde, o internacional francés Philippe Gardent deixou o Chambéry Savoie Handball para asinar un contrato de 2 anos co PSG. O Qatar Investment Authority baixo o liderado do seu presidente Nasser Al-Khelaifi investiu un total de 9,2 millóns de euros no equipo de balonmán (un 276% máis de orzamento que o PSG da tempada 2011-12), incluíndo 3,8 millóns en salarios. Os medallitas olímpicos franceses Luc Abalo, Samuel Honrubia e Didier Dinart arribaron no club, ademais do internacional danés Mikkel Hansen. Na primeira tempada desta era, o Paris Saint-Germain gañou a liga rematando cunha soa derrota ao final do campionato. Á parte, o PSG HB tamén se clasificou directamente para a Chapionas League da tempada seguinte.
Nº | Nome | Estatura | Peso | Nacionalidade | Posición |
---|---|---|---|---|---|
1 | Patrice Annonay | 1,90 | 96 kg | Francia | Porteiro |
4 | Fahrudin Melić | 1,83 | 85 kg | Montenegro | Extremo dereito |
5 | Henrik Møllgaard | 2,00 | 100 kg | Dinamarca | Lateral esquerdo |
6 | William Accambray | 1,94 | 104 kg | Francia | Lateral esquerdo |
9 | Igor Vori | 2,03 | 114 kg | Croacia | Pivote |
11 | Benoît Kounkoud | 1,86 | 78 kg | Francia | Extremo dereito |
14 | Xavier Barachet | 1,95 | 97 kg | Francia | Lateral dereito |
16 | Thierry Omeyer | 1,92 | 95 kg | Francia | Porteiro |
18 | Róbert Gunnarsson | 1,91 | 100 kg | Islandia | Pivote |
19 | Luc Abalo | 1,82 | 80 kg | Francia | Extremo dereito |
22 | Luka Karabatić | 2,02 | 92 kg | Francia | Pivote |
24 | Mikkel Hansen | 1,96 | 100 kg | Dinamarca | Lateral esquerdo |
25 | Daniel Narcisse | 1,89 | 90 kg | Suecia | Central |
33 | Sergiy Onufrienko | 1,90 | 95 kg | Ucraína | Lateral dereito |
34 | Samuel Honrubia | 1,80 | 75 kg | Francia | Extremo esquerdo |
44 | Nikola Karabatić | 1,96 | 106 kg | Francia | Central |
90 | Jeffrey M'Tima | 1,78 | 75 kg | Alemaña | Extremo esquerdo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.