Os Cantóns
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Cantóns é o nome que recibe unha das principais avenidas da cidade da Coruña, situada no barrio da Pescaría e formada por dous tramos diferenciados no nomenclátor: o Cantón Grande e o Cantón Pequeno. O Cantón Grande comeza no cruzamento da rúa Real coa rúa Nova e a avenida da Mariña e vai ata a rúa Santa Catarina, onde pasa a se denominar Cantón Pequeno ata chegar á praza de Mina, punto de confluencia entre as rúas Juana de Vega, Compostela e Sánchez Bregua, continuación natural esta última da avenida que conforman os dous Cantóns. Durante todo este percorrido, os Cantóns están delimitados na beira sur polos xardíns de Méndez Núñez.
Os Cantóns | |
---|---|
Tipoloxía | avenida |
Localización | |
Inicio | Rúa Real, rúa Nova e avenida da Mariña |
Fin | Rúa de Juana de Vega, rúa Compostela e rúa Sánchez Bregua |
Localidade | A Coruña |
No edificio situado no número 13 do Cantón Grande faleceu o xeneral Sir John Moore.
En 1820-1823, 1840-1874 e 1932-1936 o Cantón Grande recibiu o nome de Cantón de Porlier e o Pequeno o de Cantón de Lacy. En 1943 foron bautizados como Cantóns de José Antonio.
O Camiño Inglés atravesa os Cantóns[1], procedente da igrexa de Santiago.
En 1920 inaugurouse o Teatro Linares Rivas nun edificio modernista de Leoncio Bescansa. Foi derribado en 1940 para a construción do Cine Avenida.[2]
No primeiro piso do número 14 (derruído en 1977) do Cantón Grande estivo a sede do Casino Republicano.[3]
Pola súa situación céntrica foi sede de numerosos bancos e fundacións.
A arquitectura dos Cantóns modificouse enormemente dende a construción do Banco Pastor en 1925. Existen na rúa edificios destacados, algúns deles catalogados. No Cantón Grande sitúanse:[4]
No Cantón Pequeno:
Ademais, no Cantón Grande está o Obelisco en honra de Aureliano Linares Rivas, de Gabriel Vitini Alonso, con base de Antonio de Mesa (1895).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.