Astana
capital de Casaquistán From Wikipedia, the free encyclopedia
capital de Casaquistán From Wikipedia, the free encyclopedia
Astana[1][2][3] (en ruso e kazako Астана), antigamente coñecida como Akmola (en kazako: Ақмола / Aqmola), Akmolinsk (ruso: Акмолинск), Tselinogrado (en ruso: Целиноград) e Nur-Sultan (en kazako: Нұр-Cұлтан e ruso Нур-Султáн), é desde 1997 a capital de Kazakhstán.
Астана (kk) | |||||
Epónimo | capital | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Kazakhstán | ||||
Enclave en | Aqmola (pt) | ||||
Capital de | Kazakhstán (1997–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.078.362 (2019) (1.352,47 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua kazaka lingua rusa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 797,33 km² | ||||
Bañado por | Río Ixim | ||||
Altitude | 347 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Fyodor Shubin (en) | ||||
Creación | 1830 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Zhenis Kassymbek (en) (2022–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 010015 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 7172 | ||||
ISO 3166-2 | KZ-71 e KZ-AST | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | gov.kz… |
É a segunda meirande cidade do país, despois de Almati, a antiga capital. Segunda as estimacións oficiais, a súa poboación é de 1.350.228 no ano 2022.[4] Está localizada na parte norte de Kazakhstán, na Provincia de Akmola. O seu nome, Astana, significa "capital" e foi escollido, entre outras razóns, por ser fácil da pronunciar en moitas linguas. Trala dimisión do presidente Nursultan Nazarbayev en 2019, a cidade foi rebautizada como Nur-Sultan, pero só tres anos despois recuperouse o nome de Astana.
O alcalde actual de Astana é Asset Issekeshev.
A Olimpíada Internacional de Informática de 2015 celebrouse en Astana.
No ano 1824 un grupo de cosacos siberianos, procedentes de Omsk, fundou unha fortaleza sobre as beiras do río Ixim. En torno a ela orixinouse a cidade de Akmolinsk. En 1961, na época da Campaña das Terras Virxes, foi rebautizada como Tselinograd e foi elixida como capital do Territorio das Terras Virxes Soviéticas (Celinnyj Kraj).
Cando en 1991 Kazakhstán acadou a súa independencia, a cidade e a rexión tomaron o nome de Aqmola. No 1994 foi nomeada nova capital do país, en substitución de Almaty. No ano 1997, coincidindo co outorgamento do novo status de capital, a cidade recibiu o nome de Astana.
Sumas enormes de capitais -obtidas a través de exportacións petroleiras- foron investidas para construír as infraestruturas e edificacións precisadas pola nova función de capital, co obxectivo de convertela no gonzo da Asia Central.
Dentro deste programa de grandes infraestruturas no ano 2017 é sede dunha exposición universal que xira en torno ao tema das enerxías do futuro[5].
En marzo de 2019, tras a dimisión de Nursultan Nazarbayev, presidente do país durante 29 anos, o parlamento kazako aprobou o novo cambio de nome da cidade, sendo rebautizada como Nur-Sultan. Con todo, só tres anos despois, en 2022, realizouse un novo cambio de denominación, recuperando o nome de Astana.[6]
Entre as causas invocadas para desprazar a capital máis de mil quilómetros ao norte figuran as seguintes:
As análises do desprazamento foron aínda máis variadas e tentaban explicar motivos máis ocultos. Segundo algúns debíase ao propósito de pór a capital no centro do país e da estepa kazaka; para outros[quen?] pesaba a idea de afastar o centro de decisións do país dos confíns coa China (Almaty dista apenas uns sesenta quilómetros do xigante asiático) para aproximalo as rexións do norte, as máis densamente habitadas por rusos, que poderían apoiar unha eventual anexión á "madre patria". Incluso, para moitos, o presidente Nursultan Nazarbajev, quería imitar ao seu ídolo Kemal Ataturk, quen trasladara a capital turca para Ancara, no centro do país.[Cómpre referencia]
A cidade está sita no Kazakhstán central, sobre o río Ixim, circundada por unha zona plana, a estepa semi-desértica, que se estende pola maior parte do territorio kazako. Os barrios da cidade vella asentan ao norte do río, mentres os barrios novos sitúanse no sur do Ixim|Ixim. Astana está situada a 347 metros sobre o nivel do mar.
Climaticamente Astana é a segunda capital máis fría do mundo (só superada por Ulaanbataar, en Mongolia), con temperaturas frecuentes entre -35 °C e -40 °C a últimos do outono. A cidade é coñecida tamén polas xeadas ao longo de seis meses. En fin, Astana ten un clima continental, con invernos excepcionalmente fríos e veráns moderadamente cálidos, e ao tempo áridos ou semiáridos.
A media anual de temperaturas en Astana é de 1 °C. Xaneiro é o mes máis frío, no que as medias atinxen -16 °C. Xullo é o mes máis quente con 20 °C.
As funcións administrativas e de goberno son a principal actividade económica de Astana. A cidade pertence a unha Zona Económica Especial, que tenta desenvolver a cidade para que poida facer fronte á competencia de Almaty, que ten 1 500 000 de habitantes.
A Avenida da República é o centro principal de actividade na cidade, onde hai tendas, cafeterías, restaurantes e discotecas.
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.