O norn é unha lingua xermánica extinta que se falaba nas Shetland e nas Orcadas, na costa norte de Escocia en Caithness. Despois de que as illas fosen cedidas a Escocia por Noruega no século XV, pouco a pouco foi substituído polo scots.  

Datos rápidos Norn Norn, Códigos de lingua ...
Norn
Norn
Falado en: Shetland, Orcadas e Caithness
Extinción: 1850, coa morte de Walter Sutherland
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Setentrional
   Escandinava
    Occidental
     Norn
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: nrn
Mapa
Thumb
Status
Thumb
Pechar

Historia

Non se sabe exactamente cando se extinguiu o norn. Os últimos informes de falantes de norn din que desde o século XIX, pero é máis probable que a lingua morrese a finais do século XVIII . Nas illas máis illadas de Foula e Unst estiveron os derradeiros refuxios do idioma nas Illas Shetland, onde había persoas "que poderían repetir frases en norn", probablemente pasaxes de cancións populares ou poemas, a finais de 1893. Walter Sutherland de Skaw na illa de Unst, que morreu arredor de 1850, é citado como o derradeiro falante nativo da lingua norn. Porén, fragmentos de vocabulario sobreviviron á morte da lingua principal e aínda perviven, principalmente en nomes de lugares e termos referidos ás plantas, animais, clima, estado de ánimo e vocabulario de pesca.   Dialectos do norse tamén se falaron en Escocia — por exemplo, en Caithness, pero aquí extinguiuse moitos séculos antes de que o norn morrese nas Orcadas e nas Shetland. Polo tanto, algúns estudosos tamén falan do "norn de Caithness ", pero outros evítano. Do "norn de Caithness" coñécese menos que do norn das Orcadas e das Shetland. Poucos escritos en norn sobreviviron. O que queda, inclúe unha versión do Noso Pai e unha balada. Michael Barnes, profesor de estudos escandinavos no University College de Londres, publicou un estudo, The Norn Language of Orkney and Shetland.  

Clasificación

O norn é unha lingua indoeuropea pertencente á póla nórdica das linguas xermánicas xunto co feroés, islandés e noruegués pertence ao grupo escandinavo occidental, distinto do grupo escandinavo oriental ao que pertencen o sueco e o dinamarqués. Unhas análises máis recentes dividen as linguas nórdicas nun escandinavo insular e un escandinavo continental , agrupando ao noruegués co dinamarqués e o sueco baseándose na mutua intelixibilidade e o feito de que o noruegués foi fortemente influenciado en particular polo dinamarqués durante o último milenio e en que diverxiron do feroés e o islandés. O norn considérase que era bastante semellante ao feroés, comparte moitos trazos fonolóxicos e gramaticais con este idioma e puideron ser mutuamente intelixibles. Quedan poucos textos escritos, pero acéptase que ten unha raíz común co feroés ou cos dialectos Vestnorsk de Noruega. Non hai que o confundir co dialecto dos scots denominado polos lingüistas Escocés insular.

Fonética

A fonética do norn non se pode determinar con moita precisión por mor da falla de material orixinal, pero pódense extrapolar os aspectos xerais coas poucas fontes escritas que existen. O norn comparte moitos trazos cos dialectos do suroeste de Noruega. Isto inclúe unha sonoridade de /p, t, k / a [ []b, d, ɡ ] antes ou entre vogais e (no norn das Shetland, pero só parcialmente no dialecto das Orcadas) unha conversión de /θ / e /ð / (" ' th ING" e " ' th ' en" respectivamente) a [ []t] e [d] respectivamente.

Gramática

As características da gramática do norn son moi semellantes ás das outras linguas escandinavas. Había dous números, tres xéneros e catro casos (nominativo, acusativo, xenitivo e dativo). Tamén existían as dúas principais conxugacións do verbo en presente de indicativo e en pretérito de indicativo e como todas as demais linguas nórdicas, utiliza un sufixo en lugar dun artigo anteposto para indicar a definición como no moderno escandinavo: man(n) ("home"); mannen ("o home"). Aínda que é difícil estar seguro de gran parte dos aspectos da gramática do norn, os documentos indican que existían as cláusulas sen suxeito, que eran comúns nas linguas escandinavas occidentais.  

Texto de exemplo

Thumb
Jakob Jakobsen foi un lingüista feroés e estudoso do Norn

As seguintes son as versións en norn e en nórdico antigo do Noso Pai, unha oración cristiá: [1]

Favor i ir i chimrie, / Helleur ir i nam thite,
gilla cosdum thite cumma, / veya thine mota vara gort
o yurn sinna gort i chimrie, / ga vus da on da dalight brow vora
Firgive vus sinna vora / sin vee Firgive sindara mutha vus,
lyv vus ye i tumtation, / min delivera vus fro olt ilt, Amen.
Fy vor or er i Chimeri.
Halaght vara nam dit.
La Konungdum din cumma.
La vill din vera guerde
i vrildin sindaeri chimeri.
Gav vus dagh u dagloght brau.
Forgive sindorwara / sin vi forgiva gem ao sinda gainst wus.
Lia wus ikè o vera tempa, / but delivra wus fro adlu idlu.
For do i ir Kongungdum, u puri, u glori, Amen
  • Nórdico antigo (occidental):
Faþer vár es ert í himenríki, verði nafn þitt hæilagt
Til kome ríke þitt, værði vili þin
sva a iarðu sem í himnum.
Gef oss í dag brauð vort dagligt
Ok fyr gefþu oss synþer órar, sem vér fyr gefom þeim er viþ oss hafa misgert
Leiðd oss eigi í freistni, heldr leys þv oss frá ollu illu.
  • Tradución ao islandés:
"Faðir vor, þú sem ert á himnum."
"Helgist þitt nafn, til komi þitt ríki,"
"verði þinn vilji, svo á jörðu sem á himni."
"Gef oss í dag vort daglegt brauð."
"Fyrirgef oss vorar skuldir,"
"svo sem vér og fyrirgefum"
"vorum skuldunautum."
"Og eigi leið þú oss í freistni,"
"heldur frelsa oss frá illu."
"Því að þitt er ríkið, mátturinn og dýrðin"
"að eilífu."
"Amen."
Fader vår, du som er i himmelen!
Lat namnet ditt helgast..
Lat riket ditt koma.
Lat viljen din råda
på jorda så som i himmelen.
Gjev oss i dag vårt daglege brød.
Forlat vår skuld, som vi òg forlèt våre skuldmenn.
Før oss ikkje ut i freisting, men frels oss frå det vonde.
For riket er ditt, og makta og æra i all æve.
Amen.
Fader vår, du som er i himmelen!
La ditt navn være hellig.
La ditt rike komme.
La din vilje skje
på jorden som i himmelen.
Gi oss i dag vårt daglige brød.
Forlat oss våre synder, som vi óg forlater våre syndere.
Led oss ikke inn i fristelse, men frels oss fra det onde.
For riket er ditt, og makten og æren i evighet.
Amen.

Unha "guddick" (adiviña) en norn, que recolleu Jakob Jakobsen en Unst, a illa máis setentrional das Shetland, na década de 1890. Tamén é coñecida a mesma adiviña nas Illas Feroe.

"Norn das Shetland"

(Jakob Jakobsen)

Feroés Islandés Galego
Fira honga,
fira gonga,
Fira staad upo "skø"
Twa veestra vaig a bee
And een comes atta driljandi.
Fýra hanga,
fýra ganga,
Fýra standa uppí ský
Tvey vísa veg á bø
Og ein darlar aftast
Fjórir hanga,
fjórir ganga,
Fjórir veg vísa,
Tveir fyrir hundum verja
Einn eftir drallar,
sá er oftast saurugur
Catro penduran,
catro camiñan,
Catro apuntan ao ceo,
Dous ensinan o camiño ao campo
E un vén axitando detrás

A resposta é unha vaca. Catro tetos penduran, catro patas camiñan, dous cornos e dúas orellas apuntan cara ó ceo, dous ollos mostran o camiño para o campo e un rabo vén axitando (pendurando) detrás.

Uso moderno

Thumb
Daggri e Dagalien en Ulsta, Yell, Shetland.

A maioría da utilización do norn nas Shetland e as Orcadas é puramente cerimonial hoxe en día e na súa maioría en nórdico antigo, por exemplo o lema das Shetland, que é "'Með lögum skal land byggja ' "("co dereito construirase a terra") que é o mesmo lema usado pola policía islandesa.   Outro exemplo do uso do onrn nas illas pódese atopar nos nomes dos transbordadores:

  • A Northlink Ferries ten buques chamados MV Hamnavoe (antigo nome de Stromness), MV Hjaltland (Shetland) e MV Hrossey ("illa do cabalo", un antigo nome de Mainland, nas Illas Orcadas).
  • O ferri da baía de Yell parte de Ulsta a Toft en Mainland (Shetland). O servizo fanno dous transbordadores; o Daggri (nórdico para "mencer"), posto en marcha no 2003 e o Dagalien (nórdico para "atardecer”), posto en marcha no 2004.  

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.