Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas Shetland son un grupo de illas do océano Atlántico setentrional situadas entre as illas Feroe, ao suroeste de Noruega e Gran Bretaña. Lixeiramente por enriba dos 60ºN de latitude, representan o extremo setentrional do Mar do Norte. Administrativamente constiúen un dos 32 condados de Escocia.
Sealtainn (gd) Hjaltland (mis) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Escocia | ||||
Capital | Lerwick | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 23.210 (2012) (15,81 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua scots | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.468 km² | ||||
Bañado por | Mar do Norte | ||||
Punto máis alto | Ronas Hill (en) (450 m) | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Shetland Islands Council (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | GB-ZET | ||||
Código NUTS | UKM66 | ||||
Sitio web | shetland.gov.uk |
As illas teñen un total de 1469 km², cunha poboación duns 22.000 habitantes, dos cales uns 7.000 viven en Lerwick, a capital.
O clima é húmido e fresco (aínda que suavizado pola influencia da corrente do Golfo). Lerwick acumula 1.140 mm en 181 días de precipitación ao ano. As temperaturas, moi constantes ao longo do ano (debido á latitude) son de 7 °C de media, con 12 °C en xullo e agosto e 3 °C en xaneiro e febreiro.
Despois de seren colonizadas polos escandinavos e formar parte de Noruega durante toda a Idade Media, as illas pasaron á coroa escocesa o 20 de febreiro de 1472. Durante a segunda guerra mundial barcas procedentes das Shetland, coñecidas como "Shetland bus", proporcionaron axuda á Noruega ocupada, e evacuaron fuxitivos.
Como lingua da poboación, o antigo norn foi substituído por un dialecto insular do scots chamado shetlándico, que á súa vez está sendo substituído polo inglés.
As Shetland están aproximadamente a 170 km. ao norte de Escocia, ten unha superficie de 1.468 km² e ten unha costa de 2.702 km. de longo. Das aproximadamente 100 illas, só 16 están habitadas. A illa principal do grupo é coñecida como Mainland. As outras illas habitadas son: Bressay, East Burra, West Burra, Fetlar, Muckle Roe, Papa Stour, Trondra, Vaila, Unst, Whalsay, Yell no grupo de illas principal das Shetland, ademais Foula ao suroeste, Fair Isle ao sur, e Housay e Bruray no arquipélago de Out Skerries cara ao leste .
As illas deshabitadas inclúen Out Stack, o punto máis setentrional das Illas Británicas e Mousa coñecida polo Broch de Mousa, unha torre redonda da Idade de Ferro. Que é o mellor exemplo conservado en Escocia.
A xeoloxía das Illas Shetland é complexa, con numerosas fallas e pliegues. Gran parte da economía das Illas Shetland depende dos sedimentos que conteñen petróleo nos mares circundantes.
A pesca e a gandaría perderon peso ante a explotación do petróleo e o gas natural dos xacementos próximos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.