persoa que profesa o Islam From Wikipedia, the free encyclopedia
Musulmán é quen profesa o islam, unha relixión abrahámica monoteísta baseada no Corán, que os musulmáns consideran a palabra literal de Deus revelada ao profeta Mahoma, e, con menor autoridade que o Corán, os ensinos e prácticas atribuídas tradicionalmente a Mahoma. «Musulmán» (en árabe, مسلم) é unha palabra árabe que significa «o que se somete a Deus».
Os musulmáns cren que non hai máis ca un único e verdadeiro Deus que se coñece co nome de Alá. Deus é eterno, trascendente, absolutamente un (a doutrina do tawhid, ou o monoteísmo estrito ou simple), e incomparable, e é autosuficiente, que non procrea nin foi procreado. As crenzas musulmás respecto de Deus resúmense no capítulo 112 do Corán, coñecido como Al-Ikhlas ou «o capítulo da pureza». Os musulmáns tamén cren que o islam é a versión completa e universal dunha fe primordial que se revelou en moitos momentos e lugares antes, incluíndo os profetas Abraham, Moisés e Xesús.[1] Os musulmáns sosteñen que as mensaxes anteriores e as revelacións foron parcialmente modificados ou danados co tempo,[2] pero consideran o Corán como inalterado e a revelación última de Deus.[3]
A maioría dos musulmáns aceptan como musulmán a quen pronuncie publicamente a xahada (profesión de fe) que di: "Non hai ningunha divindade excepto Deus e Muhammad é o profeta de Deus". Tamén cren que Mahoma é o "Selo dos Profetas» e o último profeta. As súas prácticas relixiosas básicas se enumeran nos cinco alicerces do islam, que, ademais da xahada, consisten en oracións diarias (salat), a esmola (zakat), o xaxún durante o Ramadán (Sawm), e a peregrinación á Meca ( hajj) polo menos unha vez na vida.[4][5]
A maioría dos musulmáns son sunnitas, representando entre un 75 e 90% de todos os musulmáns.[6] A segunda corrente máis grande, é o xiísmo, e representa entre un 10 e 20% dos musulmáns.[7] O país con máis musulmáns é Indonesia, onde vive o 12,7% de musulmáns do mundo, seguido por Paquistán (11,0%), Bangladesh (9,2%) e Exipto (4,9%).[8] Tamén se atopan minorías importantes na India, China, Rusia, Etiopía, América, Australia e partes de Europa. Con preto de 1,8 mil millóns de seguidores, o 26% da poboación mundial,[9][10][11][12] o islam é a segunda relixión máis grande e unha das que crece máis rapidamente no mundo.[13][14][15]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.