Mulhacén
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mulhacén, con 3.478 msnm, é a montaña máis alta da Península Ibérica. Está situado na provincia de Granada, no sur de España e pertence a Serra Nevada, na cordilleira Penibética. O seu nome vén de "Muley Hacén", castelanización do nome de Mulay Hasan, penúltimo rei nazarí de Granada no século XV, do que se di foi enterrado nesta montaña. Aínda que a súa altura non é excepcional, o Mulhacén é o pico máis alto de Europa fóra do Cáucaso e os Alpes (as illas Canarias e Groenlandia, con picos máis altos, pertencen politicamente a Europa, pero xeograficamente son parte de África e Norteamérica, respectivamente). É tamén o terceiro pico máis prominente de Europa Occidental, despois do Mont Blanc e o Monte Etna e ocupa o posto 64 na clasificación mundial de prominencia. O pico non é espectacular en termos de accesibilidade ou relevo. O lado sur da montaña é suave,[1] e non presenta retos técnicos, do mesmo xeito que no caso do lado oeste. O lado norte, de acceso máis curto, é lixeiramente máis abrupto.
Tipo | montaña | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
Continente | Europa | ||||
División administrativa | Granada, España | ||||
| |||||
Cordilleira | Serra Nevada | ||||
Características | |||||
Altitude | 3.482 m | ||||
Prominencia topográfica | 3.285 m | ||||
Illamento topográfico | 529 km | ||||
O Mulhacén pode escalarse nun só día desde as vilas de Capileira ou Trevélez, pero é máis común pasar unha noite no refuxio montañoso de Poqueira[2] ou no de Caldera, ao oeste.
As condicións para o ascenso no inverno poden ser duras, o que provocou algúns accidentes.[3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.