Mulhacén
O Mulhacén, con 3.478 msnm, é a montaña máis alta da Península Ibérica. Está situado na provincia de Granada, no sur de España e pertence a Serra Nevada, na cordilleira Penibética. O seu nome vén de "Muley Hacén", castelanización do nome de Mulay Hasan, penúltimo rei nazarí de Granada no século XV, do que se di foi enterrado nesta montaña. Aínda que a súa altura non é excepcional, o Mulhacén é o pico máis alto de Europa fóra do Cáucaso e os Alpes. É tamén o terceiro pico máis prominente de Europa Occidental, despois do Mont Blanc e o Monte Etna e ocupa o posto 64 na clasificación mundial de prominencia. O pico non é espectacular en termos de accesibilidade ou relevo. O lado sur da montaña é suave, e non presenta retos técnicos, do mesmo xeito que no caso do lado oeste. O lado norte, de acceso máis curto, é lixeiramente máis abrupto.