From Wikipedia, the free encyclopedia
O monte do Galiñeiro sitúase entre os concellos pontevedreses de Vigo e Gondomar, concretamente entre as parroquias de Zamáns e Vincios, con cumio nesta última a unha altura de 711 metros. Intégrase na serra do Galiñeiro, da cal tamén forma parte o parque natural do Monte Aloia.
Tipo | montaña | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | España | ||
Cordilleira | Serra do Galiñeiro | ||
O segundo domingo de xullo acolle o curro do Galiñeiro ou de Vincios, no lugar de Auga da Laxe.
O topónimo "Galiñeiro", habitual en Galiza, podería provir do termo celta *kal(l)- (de onde tamén provén Gallaecia, termo que evolucionou ás actuais Galiza/Galicia), co sentido de "rocha", "con", "penedo".[1]
A orixe do monte remóntase á oroxénese alpina acontecida durante o Cenozoico, no período Terciario. A ladeira norte do monte, correspondente á parroquia viguesa de Zamáns é rica en gneis, formando parte do complexo ofiolítico denominado Complexo de Malpica-Tui. Tamén son numerosas as intercalacións de anfibolitas, verdes e escuras, adoitando aparecer os gneis sulcados de filóns de seixo con abundante magnetita.
Os lados sur e oeste compoñen o chamado contacto sur do gneis Galiñeiro, formado por rochas compostas por seixo, moscovita e turmalina negra e, na zona máis alta deste contacto, por xistos con mica e turmalina, ademais dunha potente pegmatita explotada antigamente para a extracción do feldespato.
Gran parte da sona do monte débese ao complexo arqueolóxico dos petróglifos de Auga da Laxe. Trátase dunhas representacións de máis de 25 armas, entre as que atopamos espadas curtas, puñais e alabardas, datadas no Calcolítico (entre o III e o II milenio a. C.).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.