Mindelo, Cabo Verde
cidade de Cabo Verde From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade de Cabo Verde From Wikipedia, the free encyclopedia
Mindelo é unha cidade portuaria[1] que se atopa na parte norte da illa de São Vicente, é sede do concello homónimo e é a segunda maior cidade de Cabo Verde. Acolle o 93% da poboación da illa.
Mindelo (pt) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Cabo Verde | |||
Entidade territorial administrativa | Illas de Barlovento, Cabo Verde | |||
Concello | São Vicente (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 70.468 (2010) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 61 m | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
En 1793, os portugueses fundaron un asentamento onde hoxe se atopa Mindelo.[2]:34 Inicialmente chamouse Nossa Senhora da Luz, rebautizada como Leopoldina arredor de 1820 en honor da raíña consorte María Leopoldina de Austria. En 1838 foi rebautizada como Mindelo despois do desembarco de 1832 en Mindelo, ao norte do Porto.[2]:42–48 Converteuse nun depósito de carbón para barcos da Compañía Británica das Indias Orientais en 1838, e despois para a Royal Mail Steam Packet Company en 1850. O asentamento converteuse nunha vila en 1858, e tiña daquela 1 400 habitantes.[2]:55 Converteuse en cidade en 1879, cando tiña 3 717 habitantes.[2]:61–63 En 1884 colocouse un cable de comunicación submarino entre Europa, África, a India e América do Norte, facendo de Mindelo un importante centro de comunicacións para o Imperio Británico.
Desde principios do século XX o porto de Mindelo perdeu a súa importancia para a navegación transatlántica. As causas disto foron o paso do carbón ao petróleo como combustible para os buques, o auxe de portos competidores como Dakar e as Canarias e a falta de investimento en infraestruturas portuarias.[2]:76–80 Entre 1910 e 1940 houbo varias folgas en Mindelo, e o 7 de xuño de 1934 producíronse disturbios nas rúas de Mindelo, provocados polo paro e a pobreza. Un home foi asasinado e varios resultaron feridos.[3]
Entre 1940 e 1958, tres períodos prolongados de seca severa, combinados coa erosión do solo e o sobrepastoreo, provocaron fame en Cabo Verde.[4] En todo o arquipélago morreron unhas 45 000 persoas e emigraron 20 000 persoas. Mindelo atraeu inmigrantes, especialmente da veciña illa de Santo Antão, e continuou crecendo.[2]:86
Mindelo foi a capital cultural do mundo lusófono desde novembro de 2002 ata novembro de 2003.[5] Mindelo tamén é considerada a capital cultural de Cabo Verde.[6]
Mindelo atópase na baía de Porto Grande, un gran porto natural. A cidade está rodeada de montañas baixas: o monte Cara e o Morro Branco ao oeste, e o Monte Verde ao leste. O río Ribeira de Julião atravesa a vila.
O aeroporto de Cesária Évora atópase a 9 km ao suroeste de Mindelo, preto da aldea de São Pedro. Dende o porto parten os transbordadores para a illa de Santo Antão.
A cidade divídese nos seguintes lugares ou localidades por razóns estatísticas:[7]
Mindelo ten un clima árido (Köppen: BWh). A temperatura media anual é de 23,6 °C. É moi seco e só recibe uns 100 mm de precipitación anual.
Datos climáticos para Mindelo (1981–2010) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 29,2 | 29,5 | 30,3 | 29,5 | 31,5 | 30,5 | 33,6 | 31,8 | 32,7 | 31,5 | 31,0 | 30,0 | 33,6 |
Media máxima en °C | 23,4 | 23,2 | 23,9 | 24,0 | 24,9 | 25,4 | 27,1 | 28,3 | 28,8 | 28,0 | 26,8 | 25,2 | 25,7 |
Media diaria en °C | 21,9 | 21,6 | 22,0 | 22,2 | 22,8 | 23,8 | 25,0 | 26,2 | 26,5 | 26,0 | 25,0 | 23,3 | 23,9 |
Media mínima en °C | 19,9 | 19,7 | 19,6 | 20,2 | 20,9 | 21,9 | 22,9 | 24,1 | 24,8 | 24,2 | 23,2 | 21,7 | 21,9 |
Temperatura mínima en °C | 16,5 | 13,5 | 15,6 | 15,0 | 15,0 | 18,0 | 17,5 | 14,5 | 19,0 | 18,5 | 19,0 | 17,0 | 13,5 |
Precipitación media mm | 4,8 | 1,7 | 0,4 | 0,4 | 0,0 | 0,0 | 2,6 | 16,3 | 36,2 | 14,5 | 6,3 | 1,0 | 84,2 |
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 1 | 4 | 5 | 2 | 2 | 2 | 18 |
Humidade relativa media (%) | 66,1 | 67,6 | 67,2 | 68,2 | 70,1 | 72,9 | 72,7 | 74,0 | 74,2 | 72,8 | 69,4 | 67,3 | 70,2 |
Media de horas de sol mensuais | 229,4 | 237,3 | 275,9 | 291,0 | 306,9 | 276,0 | 248,0 | 226,3 | 225,0 | 238,7 | 225,0 | 201,5 | 2 981 |
Media de horas de sol diarias | 7,4 | 8,4 | 8,9 | 9,7 | 9,9 | 9,2 | 8,0 | 7,3 | 7,5 | 7,7 | 7,5 | 6,5 | 8,2 |
Fonte #1: Instituto Nacional de Meteoroloxía e Xeofísica[8] | |||||||||||||
Fonte #2: Deutscher Wetterdienst (máximas e mínimas, días de precipitación e horas de sol)[9] |
Segundo o censo de 2010, Mindelo tiña 70 468 habitantes. É a segunda cidade por poboación de Cabo Verde despois de Praia.
Gráfica de evolución demográfica de Mindelo entre 1980 e 2010 |
Fonte:Instituto Nacional de Estatísticas de Cabo Verde[10] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.