bispo e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar) e finado o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miguel Ángel Araújo Iglesias xaneiro de 1920 España |
Morte | 22 de xullo de 2007 (87 anos) Ourense, España |
Bispo de Mondoñedo-Ferrol | |
2 de xullo de 1970 – 20 de maio de 1985 ← Jacinto Argaya Goicoechea – José Gea Escolano → Diocese: Diocese de Mondoñedo-Ferrol | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1970–), sacerdote católico (1945–) |
Membro de | |
Consagración | Fernando Quiroga Palacios |
Premios | |
| |
Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.
O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia[Cómpre referencia] da Igrexa en Galicia, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilía. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Jacinto Argaya Goicoechea |
Bispo de Mondoñedo - Ferrol 1970-1987 |
Sucesor: José Gea Escolano |
Foi un grande impulsor dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou Estudios Mindonienses.
O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, co discurso A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro[1].
Entre as súas obras destacan:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.