A Asociación Irimia é unha congregación civil de carácter cristián-galeguista con financiamento privada. Foi creada en 1979, e ten a súa sede en Santiago de Compostela. Naceu co propósito de reflexionar sobre a Igrexa galega despois do Concilio Vaticano II, ten como obxectivo unir a fe cristiá e a tradición galega, a relixiosidade e as crenzas tradicionais.

Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Asociación Irimia
Asociación de crentes galegos Editar o valor en Wikidata
Tipoasociación
Data de fundación1979
Persoas relacionadasXosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto e Andrés Torres Queiruga
PaísEspaña
Na rede
https://irimia.gal/
Facebook: Revista-Irimia-168450206512188 Twitter: revistairimia Editar o valor en Wikidata
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Historia

A idea da creación desta asociación comezou a xestarse durante unha xuntanza postconciliar na que os alí presentes comentaron a situación que estaba a vivir a Igrexa en Galicia. A decisión final de crear dita asociación aconteceu na primeira romaxe no Pedregal de Irimia (no nacemento do río Miño). A asociación foi rexistrada co nome de Asociación Irimia no Ministerio do Interior o 2 de agosto de 1979. O 21 de outubro de 1979, a asociación conta xa coa primeira directiva e a participación de 23 socios. En 2015 tiña 158 socios rexistrados.

Entre as súas actividades está a publicación da revista Irimia e da colección Angueira sobre temas da Igrexa e a Galeguidade, e no seu momento tamén se encargaron da publicación da revista Encrucillada cando esta tivo problemas editoriais e mentres non se resolvían. Organizan a Romaxe de Crentes Galeg@s xunto cunha acampanada previa que se celebra dende 1978 o segundo sábado de setembro en distintos puntos de Galicia. Desenvolven tamén xuntanzas de reflexión e diálogo, encontros de verán e a Festa do Lume, de carácter anual na que participan tanto socios como directivos, e na que ten lugar un intercambio de ideas sobre fe cristiá e sociedade, así como a asemblea da asociación e unha celebración da eucaristía. Crearon a Escola Alento de Formadores para o Tempo Libre, hoxe desvancellada de Irimia, e o servizo litúrxico Remol, un blog que publica semanalmente textos e imaxes de carácter litúrxico integramente en galego. A idea comezou en 2002 como un servizo de correo electrónico que enviaba estes textos e imaxes aos socios que así o solicitaran.

No ano 1996 recibiron o XIX Premio da Crítica de Galicia na sección de Iniciativas culturais. No ano 2003 recibiron o Premio Leixaprén para a defensa da lingua galega.

Publicacións

A revista Irimia, subtitulada "Semanario de crentes galegos", xurdiu en Vilalba en 1981. Tivo periocidade semanal ata o 28 de decembro de 1986. A partir deste momento, medrou en formato e pasou a publicarse cada quince días. Entre as súas seccións están "Falando con xeito", coordinada por Xesús Ferro Ruibal, e "Biblia popular galega", ao cargo de Xosé Chao Rego.

A colección Angueira foi creada en 1992. Está dedicada á creación e difusión de publicacións monográficas, de entre 60 e 70 páxinas, que tratan como tema principal a Identidade Galega e Cristiá. No ano 2000 aconteceu un cambio tanto na presentación coma na extensión, pasando a ser un libro de máis de 150 páxinas:

1ª Etapa:

  • Camiñando a Compostela (Xosé Chao Rego)
  • ¿A onde vai a Igrexa? (Xosé Chao Rego)
  • Cristiáns e galeguistas (Victorino Pérez Prieto)
  • Temos carta de Deus (Xosé Antón Miguélez Días)
  • ¿Porque nos sentimos culpables? (Xosé Chao Rego)
  • O inferno a revisión (Andrés Torres Queiruga)
  • ¡Boas noticias, Leni! (Emilio González Avión, Terexa Lego Regal e Rubén Rivas Vidal)
  • Camiño verde: Ecoloxía e Creación (Xosé Chao Rego)
  • ¿Espadas ou arados? Insubmisos cristiáns (Andrés Hernández Mouriño)
  • Deus tenvos moita gracia (Xosé Chao Rego)

2ª Etapa

  • A palabra fai camiño (Xesús Ferro Ruibal, Daniel López Muñóz)
  • Cousas de veneranda (Xosé Antón Miguélez Díaz)
  • Roxelio Subiela Ledo. A gracia dun home de aldea (Manuel Regal Ledo)
  • Temos carta de Deus (Xosé Antón Miguélez Díaz)

Outras publicacións:

  • A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia a Santa Margarida (1978-1997) (Victorino Pérez Prieto)

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.