O zifio de Gervais,[2] Mesoplodon bidens, tamén coñecido na bibliografía internacional como zifio europeo, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[3] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[4]
Zifio de Gervais Mesoplodon europaeus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mesoplodon europaeus na superficie do mar | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Mesoplodon mirus (Gervais, 1855) | |||||||||||||||||||||||
Área de distribución de Mesoplodon mirus | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1855 polo paleontólogo e entomólogo francés François Louis Paul Gervais, baixo o nome de Dioplodon europaeus, na páxina 320 da súa obra Histoire naturelle des Mamifères. 2. Ordre des Cétacés. París: L. Curmer.[3][5]
Etimoloxías
Para a do xénero, véxase Mesoplodon.
O epíteto específico, europaeus, débese que Gervais describiu a especie nas costas europeas, concretamente, nas do Canal da Mancha en Inglaterra.[3]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3][5]
- Dioplodon europaeus Gervais, 1855 (basónimo)
- Dioplodon gervaisi Deslongchamps, 1866
- Mesoplodon densirostris Gunther, 1955 (identificación errónea)
- Mesoplodon gervaisi Ellerman & Morrison-Scott, 1951
- Neoziphius europaeus Gray, 1871
- Nodus europaeus Hershkovitz, 1961
Historia do descubrimento
Nalgún momento entre 1836 e 1841, un capitán dun dos barcos do comerciante e armador francés Abel Vautier encontrou un grande animal flotando na entrada do Canal da Mancha, co corpo cuberto por un enxame de gaivotas. Cortoulle a cabeza e levouna a Caen, onde lla presentou a Vautier. Vautier, á súa vez, mostrouna ao anatomista Deslongchamps. E o espécime dalgunha maneira abriuse camiño até o científico francés Paul Gervais, quen o describiu como unha nova especie en 1855. Durante varias décadas, esta mantívose como o único espécime coñecido desta especie, e moitos ignoraron o seu estado específico e afirmaron que simplemente representaba unha forma aberrante de zifio de Sowerby adulto.[6] A identidade da especie foi confirmada polo descubrimento de dous espécimes en Nova Jersey, un macho inmaturo capturado cerca de Atlantic City en 1889 e unha femia adulta encontrada varada en Long Branch en 1905.[7]
Características
As principais características de Mesoplodon europaeus son:[8]
- É un zifio de tamaño pequeno ou mediano en comparación cos outros zifíidos, pero é a especie máis grande dos membros do xénero Mesoplodon.
- O seu corpo é fusiforme, alongado, comprimido lateralmente e bastante grácil en comparación con outros membros do xénero Mesoplodon.
- Os machos miden uns 4,5 m de lonxitude e as femias polo menos 5,2 m, e probabelmente pesan máis de 1 200 kg. Crese que as crías miden uns 2,1 m.
- A cabeza é pequena e o seu melón é pouco protuberante.
- A liña da boca é notabelmente recta, incluso nos machos, e os dous dentes dos machos erupcionan cara á punta do bico e case non se notan.
- A coloración é gris escura nas partee superiores e gris clara nas inferiores. As femias poden presentaren manchas máis claras nos xenitais e na cabeza, cun círculo escuro ao redor dos ollos. Os xuvenís presentan unha coloración máis clara, pero pronto escurecen.
Distribución
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Hábitat e ecoloxía
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Poboación
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Ameazas
Esta especie, ao igual que outros zifios, é probábel que sexa vulnerábel a ruídos antropoxénicos fortes, como os xerados polo sonar das mariñas e as exploracións sísmicas.[9] En particular, varios varamentos masivos atípicos de zifios, incluídos os zifios de Gervais, asociáronse con actividades navais: de mediados a finais da década de 1980 nas Illas Canarias,[10] en marzo de 2000 nas Bahamas,[11] e novamente en setembro de 2002 durante unha manobra naval da OTAN cun sonar de baixa frecuencia ao redor das Canarias.[1]
Evidencias de individuos varados de varias especies, incluída Mesoplodon europaeus, indican que tragaron obxectos de plástico desbotados, o que eventualmente pode conducir á morte.[12]
A caza directa nunca se asociou con esta especie. Porén, as pescarías con redes de enmalle e palangre en toda a área de distribución da especie espertan a preocupación de que é probábel que se produzan capturas incidentais. Incluso niveis baixos de captura incidental poderían causar impactos neste grupo de cetáceos.[1]
O impacto previsto do cambio climático global no medio mariño poden afectar a esta especie, aínda que a natureza dos impactos non está clara.[13]
Estado de conservación
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) considera que hai pouca información sobre a abundancia da poboación desta especie, e ningunha sobre a evolución da súa tendencia. Non se cre que sexa pouco frecuente, pero é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións. Por iso cualifica o status da especie como DD (datos insuficientes).[1]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.