From Wikipedia, the free encyclopedia
Matsutake (松茸?) é o nome común dun fungo micorriza que crece en Asia, Europa e América do Norte. É apreciado polos xaponeses polo seu recendo aromático a especias.[1][2]
Matsutake | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Matsutake | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
'Tricholoma matsutake' |
Os matsutake crecen baixo as árbores e aliméntanse das follas caídas e outros materiais que residen no piso forestal. Tamén crea unha relación simbiótica coas raíces de varias especies de árbores.
Estes cogomelos medran comunmente na China, o Xapón, Corea, Finlandia, Suecia, entre outros. No Xapón crece comunmente cerca de árbores de piñeiro vermello xaponés. No Pacífico Noroeste norteamericano atópase en bosques de coníferas sobre unha ou máis das seguintes especies: abeto de Douglas, abeto nobre, abeto vermello, Pinus lambertiana, Pinus ponderosa e Pinus contorta. En California encóntrase tamén en frondosas, incluíndo o tanoak e o érbedo.
En 1999, N. Bergius e E. Danell describiron que o Tricholoma nauseosum sueco e o matsutake xaponés era a mesma especie.[3] Con este descubrimento aumentaron as vendas do fungo desde Europa do Norte ao Xapón.
Os matsutake son difíciles de plantar polo que o seu custo é moi elevado. A produción doméstica no Xapón reduciuse na última metade do século XX pola presenza dun nemátodo de piñeiro Bursaphelenchus xylophilus. A colleita anual de matsutake no Xapón era a primeiros do século XXI menor ás mil toneladas e é reforzada con importacións de Corea, China, o Pacífico Noroeste norteamericano (Norte de California, Oregón, Washington e Columbia Británica) e Europa do Norte (Finlandia e Suecia).[4] O prezo no mercado xaponés depende bastante da calidade, da dispoñibilidade e da orixe. O matsutake xaponés ao comezo da temporada, que é o máximo, pode aumentar a $2.000 o quilogramo. Pola contra, o matsutake importado pode roldar nos $90 o quilogramo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.